O Ellis Park, chamado por motivos publicitarios Coca-Cola Park (First National Bank), é un estadio de rugby e de fútbol localizado en Xohanesburgo, Suráfrica, que foi sede de partidos da Copa Mundial de Fútbol de 2010. Este estadio acolleu a final da Copa do Mundo de Rugby 1995 onde a selección de rugby de Suráfrica gañou, feito representado na película "Invictus".
Historia Inaugurado en 1928, foi demolido e reconstruído en 1982. Ten unha capacidade de 62.567 espectadores para partidos de rugby ou fútbol. Até a construción dos novos escenarios da Copa Mundial de Fútbol de 2010, era o estadio máis moderno do país. Ellis Park é a sede do Orlando Pirates F.C., que se converteu en 1995 no primeiro equipo de Suráfrica en alzarse co título da Copa Africana de Clubs Campións.
O 11 de abril de 2001 foi escenario dunha das maiores traxedias do deporte: durante un encontro entre Kaizer Chiefs e Orlando Pirates, 43 seareiros morreron tentando acceder ao seu interior, cando xunto con 30.000 persoas máis tentaban ingresar a un estadio que xa estaba cheo. Albergou a final da Copa do Mundo de Rugby 1995 e foi unha das sedes da Copa Mundial de 2010. Para esta competición, a súa capacidade ampliouse ata 70.000 localidades, cunha remodelación mínima.
Copa do Mundo 2010
Partidos O Ellis Park albergou durante o campionato sete encontros: cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final e un de cuartos de final. Os partidos foron os seguintes: Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores 12 de xuño Primeira rolda Arxentina 1 - 0 Nixeria 55.686 15 de xuño Primeira rolda Brasil 2 - 1Corea do Norte 37.034 18 de xuño Primeira rolda Eslovenia 2 - 2 Estados Unidos 45.573 21 de xuño Primeira rolda España 2 - 0 Honduras 54.386 24 de xuño Primeira rolda Eslovaquia 3 - 2 Italia 53.412 28 de xuño Oitavos de final Brasil 3 - 0 Chile 54.096 2 de xullo Cuartos de final Paraguai 0 - 1 España 55.359
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Copa Mundial de Fútbol de 2010
Ligazóns externas Sitio web oficial Ellis Park en Google Maps
Categoría:Estadios de rugby de Suráfrica Categoría:Estadios de fútbol de Suráfrica Categoría:Estadios do United Rugby Championship Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 2010 Categoría:Xohanesburgo