A Super Bowl é o partido final anual da National Football League (NFL), principal campionato profesional de fútbol americano do mundo. O partido culmina unha temporada que comeza no final do verán do ano anterior. Habitualmente, máis que o ano no que se disputa o encontro, utilizanse números romanos para identificar e diferenciar cada partido. Por exemplo, a Super Bowl I foi disputada o 15 de xaneiro de 1967 seguindo a tempada regular de 1966. A única excepción a esta regra foi a Super Bowl 50, xogada o 7 de febreiro de 2016 a continuación da temporada regular de 2015. A celebración deste encontro xorde como parte do acordo de fusión entre a NFL e a entón competición rival, a American Football League (AFL). Acordouse que o campión de cada unha das dúas ligas xogase un partido para decidir o Campionato Mundial da AFL-NFL (en inglés: AFL–NFL World Championship Game) até que a confluencia fose efectiva en 1970. Despois da fusión, cada unha das ligas pasou a ser unha "conferencia", converténdose o partido nunha final na que se enfrontan os campións de cada conferencia para decidir quen é o campión da NFL. Actualmente, o equipo con máis títulos da Super Bowl son os Pittsburgh Steelers con seis.

O día que se xoga a Super Bowl, considerado por algúns como un festivo nacional non oficial nos Estados Unidos, é chamado "Super Bowl Sunday" (do inglés: Domingo de Super Bowl). De feito, é o segundo día do ano con maior consumo no país, tan só despois do Día de Acción de Grazas. A Super Bowl é frecuentemente o a emisión televisiva máis vista do ano, sendo os catro programas máis vistos da historia da televisión estadounidense Super Bowls. De feito, no ano 2015, a Super Bowl XLIX converteuse no programa máis visto da historia nos Estados Unidos cunha audiencia media de 114,4 millóns de telespectadores, sendo a quinta vez en seis anos que se bate o récord de audiencia, xeira que comezou en 2010 cando a Super Bowl XLIV supera o récord de 27 anos sendo o programa máis visto do episodio final de M*A*S*H. A Super Bowl é tamén un dos espetaculos deportivos anuais máis vistos a nivel mundial, grazas principalmente ao mercado estadounidense, tan só por detrás da final da UEFA Champions League.

Xa que a NFL restrinxe o uso da marca rexitrada "Super Bowl", o partido é frecuentemente chamado como o "Big Game" (don inglés: Gran Partido) ou outros termos xenéricos por corporacións non patrocinadoras do encontro. Debido á súa grande audiencia, os anuncios emitidos durante a retransmisión son os máis caros do ano, levando ás compañías a producir os seus anuncios máis custosos para o evento. Como resultado, ver e discutir sobre os anuncios converteuse nun dos aspectos máis significantes do evento. Alén diso, tamén son famosas as cerimonias antes e durante o descanso do encontro, nas cales teñen intervido cantantes e músicos como Michael Jackson, Madonna, Prince, Bruce Springsteen, Paul McCartney, Coldplay, The Rolling Stones, The Who ou Whitney Houston.

Campións Os números entre paréntese na táboa refírense ao número de aparicións na Super Bowl até ese momento. Segundo a columna o uso de paréntese significa: Nas columnas de Campión e Subcampión indican o número de veces que o equipo participou na Super Bowl así como o balance de vitorias e derrotas. Na columna de Sede indica o número de veces que ese estadio ten acollido a Super Bowl. Na columna de Cidade indica o número de veces que esa área metropolitana ten acollido a Super Bowl. National Football League (NFL, 1967–1970)American Football League (AFL, 1967–1970)Campión da NFL(4, 2–2)Campión da AFL(4, 2–2)National Football Conference (NFC, 1971–presente)American Football Conference (AFC, 1971–presente)Campión da NFC(48, 25–23)Campión da AFC(48, 23–25) Edición Data Campión Resultado Subcampión Sede Cidade Asistencia

Próximas edicións As datas de celebración dos encontros son estimacións. Edición Data Campión Resultado Subcampión Sede Cidade Asistencia

Gañadores consecutivos Sete diferentes franquías gañaron Super Bowls de forma consecutiva, unha delas dúas veces: Green Bay Packers (Super Bowls I e II) Miami Dolphins (VII e VIII) Pittsburgh Steelers (dúas veces: IX e X así como XIII e XIV) San Francisco 49ers (XXIII e XXIV) Dallas Cowboys (XXVII e XXVIII) Denver Broncos (XXXII e XXXIII) New England Patriots (XXXVIII e XXXIX) Kansas City Chiefs (LVII e LVIII)

Ningunha franquía gañou tres Super Bowls seguidas, aínda que varías estiveron cerca: Os Green Bay Packers gañaron as dúas primeiras Super Bowls, así como o título da NFL o ano precedente. Os Miami Dolphins apareceron en tres Super Bowls consecutivas (VI, VII e VIII), gañando as dúas últimas. Os Pittsburgh Steelers gañaron dúas Super Bowls consecutivas (IX e X); o ano seguinte foron eliminados na final da AFC polos Oakland Raiders, eventuais campións da Super Bowl. Os San Francisco 49ers gañaron dúas Super Bowls consecutivas (XXIII e XXIV); o ano seguinte foron eliminados na final da NFC polos New York Giants, eventuais campións da Super Bowl. Os Dallas Cowboys gañaron dúas Super Bowls consecutivas (XXVII e XXVIII); o ano seguinte foron eliminados na final da NFC polos San Francisco 49ers, eventuais campións da Super Bowl. Ao ano seguinte, os Cowboys volveron gañar o trofeo, o que supuxo tres títulos en catro anos.

Participacións na Super Bowl por equipo Equipos da NFL/NFC (26 vitorias)Equipos da AFL/AFC (24 vitorias)Equipo da NFL/AFC

Na seguinte táboa os equipos están ordenados primeiro polo número de participacións, despois polo número de vitorias e, finalmente, pola súa primeira participación. Na columna de "Temporada(s)", os anos en negra indican a consecución do título.

ApariciónsEquipoVitoriasDerrotasPorcentaxede vitoriasTemporada(s) New England Patriots 54 .556 Pittsburgh Steelers 6 2 .750Dallas Cowboys 5 3 .625 Denver Broncos 35 .375 San Francisco 49ers5 1 Green Bay Packers 4 1 New York Giants 4 1 .800 Oakland/Los Angeles Raiders 3 2 .6001967, 1976, 1980, 1983, 2002 Washington Redskins 3 2 .600 Miami Dolphins 2 3 .400 Baltimore/Indianapolis Colts 2 2 .500 Minnesota Vikings 0 4 .000 Buffalo Bills 0 4 .000 Los Angeles/St. Louis Rams 1 2 .333 Seattle Seahawks 1 2 .333 Philadelphia Eagles 1 2 .333 Baltimore Ravens 2 0 1.000 Kansas City Chiefs 1 1 .500 Chicago Bears 1 1 .500 Cincinnati Bengals 0 2 .000 Carolina Panthers 0 2 .000 Atlanta Falcons 0 2 .000 New York Jets 1 0 1.000 Tampa Bay Buccaneers 1 0 1.000 New Orleans Saints 1 0 1.000 San Diego Chargers 0 1 .000 Tennessee Titans 0 1 .000 Arizona Cardinals 0 1 .000 Cleveland Browns N/ADetroit Lions N/A Jacksonville Jaguars N/A Houston Texans N/A

Equipos que non participaron na Super Bowl Catro dos actuais equipo da NFL nunca chegaron a xogar unha Super Bowl. Dous deles, foron campións da competición antes da celebración da Super Bowl I na temporada 1966. Detroit Lions, foron campións da NFL catro veces: 1935, 1952, 1953 e 1957; participaron na final da NFL en 1954; e na final da NFC en 1991. Cleveland Browns, foron campións da NFL catro veces: 1950, 1954, 1955 e 1964; participaron en sete finais da NFL: 1951, 1952, 1953, 1957, 1965, 1968 e 1969]]; e participaron en tres finais da AFC: 1986, 1987 e 1989. Os Browen están considerados oficialmente como unha franquía continua no tempo desde 1946 como membro da All-America Football Conference, uníndose á NFL en 1950, suspendendo a súa actividade desde 1996 até 1998, e volvendo en 1999. Os Baltimore Ravens están considerados unha franquía de expansión fundada en 1996 con ex xogadores dos Browns. Jacksonville Jaguars, franquía de expansión fundada en 1995, participaron en dúas finais da AFC: 1996 e 1999 Houston Texans, franquía de expansión fundada en 2002, apareceu en dúas roldas divisionais en 2011 e 2012.

Alén diso, tanto Detroit, como Houston, como Jacksonville teñen acollido Super Bowls; isto significa que Cleveland é a única cidade actual da NFL que nunca organizou nin participou nunha Super Bowl.

Equipos que participaron na Super Bowl pero non gañaron Nove equipos teñen participado na Super Bowl sen nunca ter conseguido a vitoria. En número descendente de aparicións son: Buffalo Bills (4), participaron nas Super Bowls XXV, XXVI, XXVII, e XXVIII. O seu segundo e último título da AFL foi en 1965, xusto a temporada anterior á primeira Super Bowl. Minnesota Vikings (4), participaron nas Super Bowls IV, VIII, IX e XI. Gañaron o título da NFL en 1969, a última temporada antes da fusión AFL-NFL, con todo, non conseguiron gañar a Super Bowl que os enfrontaba ao campión da AFL. Cincinnati Bengals (2), participaron nas Super Bowls XVI e XXIII. Equipo de expansión de 1968 da AFL, non teñen títulos previos á Super Bowl. Carolina Panthers (2), participaron nas Super Bowls XXXVIII e 50. Como equipo de expansión posterior á fusión AFL-NFL, a súa primeira temporada foi en 1995. Arizona Cardinals (1), participaron na Super Bowl XLIII. O seu último campionato foi en 1947 como Chicago Cardinals. Atlanta Falcons (1), participaron na Super Bowl XXXIII. Equipo de expansión de 1966, non teñen títulos previos á Super Bowl. San Diego Chargers (1), participaron na Super Bowl XXIX. O seu único campionato da AFL foi en 1963. Tennessee Titans (1), participaron na Super Bowl XXXIV. O seu segundo e último campionato da AFL foi en 1961 como Houston Oilers.

Equipos con longos períodos sen participar Os seguintes oito equipo teñen participado na Super Bowl, mais non desde 1995. Isto significa que levan máis tempo sen participar que Jacksonville e Houston.

Dous destes equipos levan sen participar na Super Bowl desde a fusión AFL-NFL en 1970: New York Jets (a súa participación máis recente foi na Super Bowl III en 1968) Kansas City Chiefs (Super Bowl IV en 1969) A última participación na Super Bowl dos seguintes equipos foi posterior á fusión AFL-NFL, mais anterior a temporada 1995. Minnesota Vikings (Super Bowl XI, 1976) Miami Dolphins (Super Bowl XIX, 1984) Cincinnati Bengals (Super Bowl XXIII, 1988) Washington Redskins (Super Bowl XXVI, 1991) Buffalo Bills (Super Bowl XXVIII, 1993) San Diego Chargers (Super Bowl XXIX, 1994)

Partidos da Super Bowls repetidos Os seguintes equipo enfrontáronse máis dunha vez entre eles na Super Bowl: Dallas Cowboys e Pittsburgh Steelers (3) – as Super Bowls X e XIII foron gañadas por Pittsburgh e a Super Bowl XXX foi gañada por Dallas. Miami Dolphins e Washington Redskins (2) – a Super Bowl VII foi gañada por Miami e a Super Bowl XVII foi gañada por Washington. Cincinnati Bengals e San Francisco 49ers (2) –as Super Bowls XVI e XXIII foron ambas gañadas por San Francisco. Buffalo Bills e Dallas Cowboys (2) – as Super Bowls XXVII e XXVIII, a única repetición de final en temporadas consecutivas, foron gañadas ambas por Dallas. New England Patriots e New York Giants (2) – as Super Bowls XLII e XLVI foron ambas gañadas por New York. New England Patriots e Philadelphia Eagles (2) – a Super Bowl XXXIX foi gañada por New England e a Super Bowl LII foi gañada por Philadelphia.

Récords Os seguintes son algúns dos récords individuais máis destacábeis da Super Bowl. Xogador que máis veces foi MVP (xogador máis valorado) Tom Brady – New England (XXXVI, XXXVIII, XLIX, LI) Xogador con máis finais disputadas (8 Super Bowls) Tom Brady – New England (XXXVI, XXXVIII, XXXIX, XLII, XLVI, XLIX, LI, LII) Xogador con máis puntos en total (48 puntos) Jerry Rice − San Francisco (XXIII, XXIV, XXIX) e Oakland (XXXVII) Xogadores con máis puntos nun só partido (20 puntos) James White – New England vs. Falcons (LI) Xogada de anotación máis longa (retorno de 108 iardas) Jacoby Jones – Baltimore Ravens vs. San Francisco (XLVII) Máis touchdowns en total (8 touchdowns) Jerry Rice – San Francisco (XXIII, XXIV, XXIX) e Oakland (XXXVII) − (os 8 por recepción) Máis touchdowns nun só partido (3 touchdowns) Roger Craig – San Francisco vs. Miami (XIX) − (1 por carreira e 2 por recepción) Jerry Rice – San Francisco vs. Denver (XXIV) − (3 por recepción)