Serguéi Mijáilovich Brin, en cirílico ruso Сергей Михайлович Брин, nado en Moscova o 21 de agosto de 1973, é un científico da computación e empresario de Internet estadounidense de orixe rusa que, xunto a Larry Page, fundou Google, unha das máis rendibles, grandes e soadas compañías de Internet. En conxunto, Brin e Page aínda manteñen o control dun 16% da compañía. É á súa vez unha das persoas máis ricas do mundo, cunha fortuna persoal estimada en 39 800 millóns de dólares (outubro 2017).

Vida persoal O 7 de novembro de 2018 casou con Nicole Shanahan, unha fundadora de tecnoloxía legal. Teñen unha filla, nada a finais de 2018. Brin e Shanahan separáronse o 15 de decembro de 2021 e Brin solicitou o divorcio o 4 de xaneiro de 2022. Segundo un informe de The Wall Street Journal, a causa da súa ruptura foi un romance entre Shanahan e Elon Musk, unha afirmación desmentida por Musk e Shanahan.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas A historia de Sergey Brin

Categoría:Google Categoría:Personalidades da informática Categoría:Nados en Moscova Categoría:Nados en 1973 Categoría:Alumnos da Universidade Stanford Categoría:Inventores de Rusia