miniatura|dereita|Noz da nogueira común miniatura A noz é o froito da nogueira común. Froito seco con alto valor nutritivo, é rico en proteínas, vitaminas do grupo B, oligoelementos, aceites, lecitina e ácidos graxos omega 3 (poliinsaturados). Atribúeselle a capacidade de reducir o colesterol.
Consómese fresco ou cociñado, así como en sobremesas, pódese almacenar durante meses despois de quitarlle a pela exterior e telas un tempo secando ao sol para que non collan mofo.
Tamén recibe os nomes galegos dialectais de concho, coucho, croucho, cuncho, noza, noga, corolo, carolo, carola ou carrola.
Notas
Categoría:Froitos secos Categoría:Gastronomía de Nadal