Diego de Muros, nado en Muros e finado o 18 de agosto de 1525, foi un relixioso galego. É coñecido como Diego de Muros III para distinguilo de dous familiares seus do mesmo nome.
Traxectoria En 1483 ingresa no Colexio Maior Santa Cruz de Valladolid. Tras licenciarse en 1488 en Sagrada Teoloxía pasou a impartir esta disciplina na recentemente fundada Universidade de Sigüenza e a servir como secretario a Pedro González de Mendoza. Trala morte do cardeal Mendoza en 1495 renunciou ao seu posto na Universidade, marchando a residir a Santiago de Compostela, dado que en 1494 fora nomeado deán da catedral. Amais, administraba a imprenta de Valladolid, intervindo na fundación do Estudo Vello de Compostela, construíndo o Hospital dos Reis Católicos e escribindo diversos ensaios de corte humanista.
O 4 de abril de 1505 foi nomeado bispo de Mondoñedo, e o 1 de outubro de 1512 bispo de Oviedo, o que abriu o seu campo de acción política fronte o ascenso ao trono de Castela da Casa de Austria. En 1500 fóralle encomendada unha legación ante o rei de Navarra, e en 1514 estivo a piques de entrar a formar parte do Consello de Indias.
O 21 de setembro de 1521 funda en Salamanca o Colexio Maior do Salvador, máis tarde chamado Colexio Maior de Oviedo en honra da sede que ocupaba o fundador.
Véxase tamén Bibliografía González Novalin, J. L.: Don Diego de Muros, Obispo de Canarias, su personalidad humanística y su aportación literaria a las Crónicas Granadinas del 1487 y 1488. Anuario de Estudios Atlánticos, nº 40, 1974, Ed. Patronato de la Casa de Colón. Madrid - Las Palmas de Gran Canaria.
Categoría:Bispos da diocese de Mondoñedo