Arcansas, ás veces tamén nomeado Arkansas, (do algonquino kansas, termo para referirse ó pobo quapaw), é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos. O lema de Arcansas é "O Estado Natural" (The Natural State). A súa capital é Little Rock, ten unha superficie de 137.732 km², e unha poboación de 2 673 000 habitantes (2000). Uniuse á Unión en 1836.
Xeografía
O río Mississippi acompaña gran parte da fronteira leste de Arcansas, excepto nos condados de Clay e Greene, onde o río Saint Francis fai a fronteira oeste da "bota do Missouri", e en decenas de lugares onde o actual leito do Mississippi formou meandros ou onde foi anteriormente establecido por lei.Límites do estado do Arcansas de Encyclopedia of Arkansas Arcansas ten fronteira ó sur con Louisiana, ó norte co Missouri, ó leste co Tennessee e Mississippi, o oeste co Texas e Oklahoma.
Arcansas é unha terra de montañas e vales, de densos bosques e fértiles chairas. As así chamadas Terras Baixas son máis coñecidas polos seus nomes rexionais, o Delta e a Grande Pradaria. O Delta do Arcansas é unha paisaxe plana de solos aluviais formada por succesivas inundacións do adxacente Mississippi. Afastada do río, na porción sur do estado, sitúase a Grande Pradaria, formada por terreos máis ondulados. O Delta e a Grande Pradaría son fértiles áreas agrícolas.
O estado de Arcansas está dividido, administrativamente, en 75 condados, dos que o máis habitado é o de Pulaski. A lista completa recolle: Arcansas, Ashley, Baxter, Benton, Boone, Bradley, Calhoun, Carroll, Chicot, Clark, Clay, Cleburne, Cleveland, Columbia, Conway, Craighead, Crawford, Crittenden, Cross, Dallas, Desha, Drew, Faulkner, Franklin, Fulton, Garland, Grant, Greene, Hempstead, Hot Spring, Howard, Independence, Izard, Jackson, Jefferson, Johnson, Lafayette, Lawrence, Lee, Lincoln, Little River, Logan, Lonoke, Madison, Marion, Miller, Mississippi, Monroe, Montgomery, Nevada, Newton, Ouachita, Perry, Phillips, Pike, Poinsett, Polk, Pope, Prairie, Pulaski, Randolph, St. Francis, Saline, Scott, Searcy, Sebastian, Sevier, Sharp, Stone, Union, Van Buren, Washington, White, Woodruff e Yell.
Notas
Categoría:Arcansas