Dazhbog Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 118 km de diámetro e está situado a 55,1° N 301,48° O. O nome de Dazhbog provén da mitoloxía eslava, onde Dazhbog era o deus do Sol, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1979.

Este volcán é difícil de diferenciar doutros volcáns e accidentes xeolóxicos nalgunhas imaxes de Ío. En imaxes tomadas pola sonda Voyager, nestas imaxes a caldeira é bastante prominente cun vermello escuro no chan do cráter e un halo escuro ó redor da propia caldeira. Pero nas imaxes de sonda Galileo custa moito dicir onde está o volcán. Unha teoría podería ser que o volcán estivese inactivo, e coma en xullo do 1998, o Telescopio Hubble detectou un punto quente en Dazhbog, entón poderían aparecer variacións acusadas entre imaxes de cando o volcán estaba inactivo e de cando estivese activo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Patera Ío

Categoría:Ío Categoría:Paterae