BBC HD é a cadea de televisión de alta definición 1080i británica pertencente á British Broadcasting Corporation.
Historia e características O servizo comezou a emitir en probas o 15 de maio de 2006 e comezou a emitir en servizo completo o 1 de decembro de 2007. O primeiro programa que foi emitido nesta cadea foi Planet Earth o día 27 de maio de 2006.
As emisións son de entre seis e nove horas ó día, e inclúen emisións simultáneas con outras cadeas da BBC, como Doctor Who ou Top Gear e repeticións de programas como Torchwood ou Planet Earth. Eventos en directo como o Festival de Eurovisión, o Campionato de Wimbledon, o Mundial de Fútbol da FIFA tamén son emitidos nesta cadea en formato de alta definición.
Véxase tamén Outros artigos BBC BBC One BBC Two BBC Three
Ligazóns externas BBC HD International BBC HD Australia
Categoría:BBC