Clara Eugenia Pino Bañón, nada en Vigo en 1972, é unha cantante e arpista (arpa celta) galega.
Traxectoria É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, estudos que compaxinou coa súa formación musical nos Conservatorios Superiores de Vigo e A Coruña completando a súa formación musical na E-Trad de Vigo, nas disciplinas de arpa celta e zanfona. Comezou os seus estudos de arpa da man de Rodrigo Romaní, influencia que pode observarse na súa música. Formou parte da banda Covalblú, coa que editou un traballo discográfico titulado Mai.
O seu primeiro traballo discográfico, Sete saias, dúo de arpas e voces editado por Pai Música, foi publicado no ano 2007 co que obtivo un grande recoñecemento por parte da crítica musical.
Forma parte do Dúo Clara Pino & Pablo Vidal. e compaxina a súa actividade musical coa docencia no ensino secundario e a escrita.
No ano 2022 publicou a súa primeira obra literaria da man da Editorial Elvira, un poemario que leva por título: Fenómeno fan.
Obra musical Sete Saias, Pai Música, 2007 Mai co grupo Covalblú, 2009 Loaira, Sons Galiza Música, 2011 Un dedo manchado de tinta, Edicións Xerais de Galicia, 2011 Nowhere, Clara Pino & Pablo Vidal, Aldea Global Producións, 2017 Xela, Clara Pino & Pablo Vidal, Secretaría Xeral de Política Lingüística, 2021
Obra literaria Fenómeno fan (2022). Vigo: Editorial Elvira. Ilustracións de Xavier Magalhães. 78 páxs. ISBN 978-84-125185-6-6. "A Carlos Oroza", poema incluído na obra colectiva titulada Oroza 100 (2023). Vigo: Editorial Elvira. 358 páxs. ISBN 978-84-127833-0-8. As trobadoras silenciadas (2025). Vigo: Editorial Elvira. Ilustracións de Ángeles Garrido. 122 páxs. ISBN 978-84-129921-0-6.
Premios Premio de Innovación da Secretaria Xeral de Política Lingüística, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, polo proxecto A música desde o silencio (curso 2012-2013).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Bágoas de azar, vídeo en YouTube. Entrevista "Fenómeno Fan" en Nós Diario. Entrevista na serie "Vida Salnés" do Diario do Salnés.
Categoría:Arpistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1972 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria