Rubillón é un lugar da parroquia de Baíste no concello ourensán de Avión, na comarca do Ribeiro. Segundo o INE e do IGE en 2011 tiña 68 habitantes (34 homes e 34 mulleres), dous menos ca en 2010 (33 homes e 33 mulleres). Segundo o IGE en 2009 tiña 67 habitantes (35 homes e 32 mulleres), 27 menos ca en 1999.

A aldea ten numerosas vivendas de construción recente, propiedade de emigrantes retornados de México. A súa arquitectura contrasta coas casas vellas de construción popular, moitas delas en situación de abandono.

Neste lugar e mais no de Baíste rodou Chano Piñeiro a curtametraxe Mamasunción en 1984.

Lugares e parroquias Lugares de Baíste

Parroquias de Avión

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rubillós

Categoría:Lugares de Avión