Francisco González Cerecedo, tamén coñecido como "Cuco" Cerecedo, nado en Vigo o 20 de xullo de 1940 e finado en Bogotá o 4 de setembro de 1977, foi un xornalista galego.
Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Salamanca e xornalismo na Escola Oficial de Madrid. Comezou a súa carreira no diario El Pueblo Gallego, e de aí pasou a traballar no semanario Blanco y Negro do diario madrileño ABC. Logo pasou ao Diario Madrid, onde comezou na sección de deportes e posteriormente, nacional. Tras o peche do xornal, foise á revista Posible, e posteriormente a Cambio 16 desde a súa fundación, profundando na información política. Nesas publicacións comezou a elaborar reportaxes sobre as condicións políticas e sociais dos países africanos e suramericanos.
Cerecedo morreu de forma súbita en Bogotá mentres acompañaba a Felipe González durante unha xira do secretario Xeral do PSOE por América Latina, debido a un aneurisma cerebral.
Obra Figuras de la fiesta nacional (Editorial Sedmay, 1977) ISBN 84-7380-317-5 La última vez que nací: aproximación al periodista Francisco Cerecedo (Ediciones B, 2002) ISBN 84-666-1181-9 El gol geopolítico: crónicas deportivas en el diario "Madrid" (Consejería de Cultura y Deportes de la Comunidade de Madrid, 2007) ISBN 978-84-451-2980-7
Recoñecementos
En outubro de 1962 recibiu o premio Martín Codax xunto con Gustavo Luca de Tena e o fotógrafo Secundino Iglesias Ortigueira pola serie As Rías Baixas, publicada en El Pueblo Gallego.El Pueblo Gallego, 14-10-1962, p. 7. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
En la muerte de "Cuco" Cerecedo
Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 1977