José Elduayen Gorriti, Marqués do Pazo da Mercé, nado en Chinchón,Ministros de Hacienda. De 1700 a 2004, tres siglos de historia pp. 138-139, ISBN 84-476-0576-0 Comunidade de Madrid o 22 de xuño de 1823 e finado en Madrid o 24 de xuño de 1898, foi un enxeñeiro e político español, ministro de Facenda durante o reinado de Amadeu I, ministro de Ultramar e ministro de Estado durante o reinado de Afonso XII e novamente ministro de Estado e ministro de Gobernación durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena.

Traxectoria miniatura|200px|esquerda|José Elduayen en 1878. Foi fillo de José Elduayen y Garayoa e de Ángela Gorriti. Logo de obter a licenciatura en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos en 1844, dirixe as obras do Ferrocarril de Langreu que se converteu na terceira liña férrea inaugurada en España e a primeira con proxecto enteiramente español. Neses anos comezaba a súa carreira na función pública, como responsable de Obras Públicas en Xixón. En 1855 trasladouse a Vigo. Participou na creación da Compañía del Ferrocarril de Medina a Zamora y de Orense a Vigo (MZOV), asumindo desde 1865 o control total da empresa. Con base no negocio ferroviario creou unha ampla rede clientelar na provincia de Pontevedra. (2002). «En torno ó elduayenismo: reflexións sobre a política clientelista na provincia de Pontevedra (1856-1879)» in Documentos de Traballo. Historia; 13.

Foi pai adoptivo de Ángel Elduayen Mathet (1855-1927).

Casou o 25 de maio de 1856, en primeiras nupcias, con Carmen Martínez y Montenegro (1838-1895), filla de Francisco Javier Martínez Enríquez, marqués de Valladares, coa que tivo dúas fillas: a maior, María de los Milagros Elduayen Martínez (1858-1888), foi oitava marquesa de Valladares polo seu propio dereito e marquesa de Alcedo e de San Carlos polo seu matrimonio en 1883 con Fernando Quiñones de León, titular destes dous marquesados; a segunda, María de los Dolores Elduayen Martínez, nada en Vigo o 14 de febreiro de 1860, foi segunda marquesa do Pazo da Mercé (1901), oitava marquesa de Mos (1919) e décima de Valladares (1919), faleceu o día 1 de febreiro de 1929 sen lograr descendencia do seu marido, Miguel López de Carrizosa y de Giles (1857-1919), marqués de Casa Pavón y de Mochales.<ref name="GEG">. «Pazo da Mercé, Marquesado do» en Gran enciclopedia galega Silverio Cañada (en DVD).</ref>

Enviuvou, Elduayen, e, en segundas nupcias, casou con Purificación Fontán y Pérez-Palma (c. 1844-1921),«Noticias de sociedad», p. 2, e necrolóxica, p. 4 en La Época do 22-4-1921. bisneta de Buenaventura Marcó del Pont e filla de Ventura Fontán y Marcó del Pont, Administrador-Director do Real Sitio de El Buen Retiro e da súa fábrica de porcelana, marquesa do Pazo de la Merced. miniatura|200px|esquerda|José Elduayen en 1885. Marqués do Pazo da Mercé desde 1875,Guia Oficial de España. 1875 35,27 MB militou no Partido Conservador co que concorreu ás eleccións de 1857 obtendo un escano no Congreso por Vigo. Nas sucesivas eleccións celebradas ata 1879 volveu obter o escano por este distrito con excepción das eleccións de 1867 e nas de 1871, 1872 e 1873 cando foi deputado polo distrito da Caniza. miniatura|275px|Estatua nos xardíns de Montero Ríos. En 1877 mercou o Castelo de Monterreal de Baiona,Historia de Baiona. Concello de Baiona onde levantou un palacete. O castelo sería vendido en 1924 por Ángel Elduayen Mathet ao asturiano Ángel Bedriñana Meana e vendido en 1966 ao estado español, e derrubado o palacete de Elduayen, para construír o Parador de turismo actual. e (2013). Monterreal de Baiona. Transformaciones de un monumento 55,63 MB ISBN 978-84-9749-579-0. (2013) La casa de Baiona pp. 357-376.

En 1878 pasou ao Senado como senador vitalicio chegando a presidir a Cámara Alta entre 1896 e 1898.«Presidentes del Senado. Entre 1834 y 1923»

Foi ministro de Facenda entre o 26 de maio e o 13 de xuño de 1872 nun goberno que presidiu Francisco Serrano Domínguez, ministro de Ultramar en dúas ocasións: entre o 12 de febreiro de 1878 e o 7 de marzo de 1879, e entre o 9 de decembro de 1879 e o 19 de marzo de 1880 en gobernos de Antonio Cánovas del Castillo destacando nesta segunda etapa a promulgación da Lei de Abolición da escravitude en España que poñía fin ás prácticas escravistas aínda vixentes en Cuba. Posteriormente foi ministro de Estado en tres ocasións: entre o 19 de marzo de 1880 e o 8 de febreiro de 1881, entre o 18 de xaneiro de 1884 e o 27 de novembro de 1885, e entre o 19 de xaneiro e o 5 de marzo de 1896 en todas baixo a presidencia de Cánovas. Finalmente, entre o 23 de novembro de 1891 e o 25 de xuño de 1892 foi ministro de Gobernación noutro gabinete Cánovas.

Tamén foi gobernador civil de Madrid e gobernador do Banco de España entre 1877 e 1878.

Ó día seguinte do seu pasamento en 1898, e embalsamados os seus restos, foron trasladados en ferrocarril, canda os dos seus pais, da Estación del Norte de Madrid a Vigo, onde foron velados na antiga Casa do Concello da Praza da Constitución, e dende alí foron levados e depositados en senllos sepulcros nos laterais do interior da capela do Cemiterio de Pereiró, financiada polo propio Elduayen.: «Falece o vigués que presidiu catro ministerios distintos» La Voz de Galicia, 9/6/2015. miniatura|Caricatura en Don Quijote, 1895.miniatura|R/ Elduayen, postal de Krapf. Predecesor: Juan Francisco Camacho 175px Ministro de Facenda 1872 Sucesor:

Servando Ruiz Gómez Predecesores: Cristóbal Martín de Herrera Salvador Albacete 175px Ministro de Ultramar 1879 - 1879 1879 - 1880 Sucesores:

Salvador Albacete Cayetano Sánchez Bustillo Predecesores: Francisco de Borja Queipo de Llano Servando Ruiz Gómez Carlos Manuel O'Donnell 175px Ministro de Estado 1880 - 1881 1884 - 1885 1896 Sucesores:

Antonio Aguilar Correa Segismundo Moret Prendergast Carlos Manuel O'Donnell Predecesor: Francisco Silvela y de la Vielleuze 175px Ministro de Gobernación 1891 - 1892 Sucesor:

Raimundo Fernández Villaverde

Recoñecementos En vida, os concellos de Baiona, Tui e Vigo (1887) adicáronlle o nome de senllas rúas. O 23 de agosto de 1896 inaugurouse un monumento en Vigo, feito por subscrición popular, obra do escultor Agustí Querol i Subirats e o arquitecto Jenaro de la Fuente Domínguez, que logo sería desprazado en dúas ocasións e está situado, actualmente, nos xardíns de Montero Ríos.«Elduayen, titular de la estatua itinerante» La Voz de Galicia, 1/4/2006 .

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía en Galiciana «Elduayen Gorriti, José» en Dicionario biográfico de Galicia, t. 2, p. 24. Ir Indo. «Elduayen, José de» en Encyclopædia Britannica Eleventh Edition (1910–1911) (no dominio público) volume 9, páxina 168 (1960) La Ciudad y los Días. Calendario Histórico de Vigo. «Galicia» en (dir.) (2001). El poder de la influencia. Geografía del caciquismo en España (1875-1923), ISBN 84-259-1152-4. (1896). Estudio Biográfico-Político del Excmo. Sr. Don José Elduayen Marqués del Pazo de la Merced''. Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España Lista de presidentes do Senado de España Antonio Cánovas del Castillo Caciquismo

Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Ministros de España Categoría:Políticos da Comunidade de Madrid Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Chinchón Categoría:Nados en 1823 Categoría:Finados en 1898 Categoría:Marqueses de España Categoría:Presidentes do Senado de España Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Políticos do Partido Conservador (España) Categoría:Gobernadores civís de Madrid Categoría:Ministros do Interior de España Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España Categoría:Ministros do reinado de Afonso XII