En bioloxía, a orde é a unidade sistemática entre a clase e a familia, na clasificación por categorías taxonómicas. Porén, en sistemática antiga, era sinónimo de familia.

Ao igual que ocorre con outros niveis na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varias ordes poden agruparse en superordes, e os individuos dunha orde poden organizarse en subordes (e estes á súa vez en infraordes).

Niveis de clasificación (de xeral a concreto)

Clase [Subclase] [Infraclase] [Superorde] Orde [Suborde][Infraorde] [Superfamilia] Familia

(os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa)

Categoría:Taxonomía