Tomás Legido Sánchez, nado na Coruña o 8 de marzo de 1972, é locutor e empresario galego.

Traxectoria Estudou Empresariais na Universidade da Coruña, na que se incorporou ao Club de PrensaBiografía de Tomás Legido Sánchez Radio en Galicia en 1994, dende onde colaborou en Rollos de Universidad en Radio Coruña - Cadena SER. En xaneiro de 1995 comeza a realizar unha sección no programa A pé de campus, no que o 15 de marzo coñeceu a Mariano Fernández; a sección chamábase Falta paixón, e era un repaso aos concertos e actividades culturais dos días seguintes.

Vendo que no Campus de Ferrol existía unha emisora universitariaBiografía de Mariano Enrique Fernández Cabarcos Radio en Galicia (Radio Kaos), pensaron que a UDC debería ter unha radio que dese voz a todos os estudantes e colectivos, así que o 15 de xuño de 1995 crearon o Colectivo de Universitarios Activos como Asociación Xuvenil. Este colectivo crearía en 1996 a emisora comunitaria Cuac FM. De todos os fundadores, unicamenteLa radio más aficcionada . La Opinión de A Coruña Tomás Legido e Mariano Fernández, seguen formando parte activa de Cuac FM.

Participou en diversos programas de Cuac FM, como Faita paixón, O lado escuro do corazón (con Mariano Fernández), Tolos polo tomate, Empanada Mental, Bugalú (con Mariano Fernández) e dende 2003, é condutor e locutor en Alegría,Blog do programa Alegría . Cuac FM (con Mariano Fernández e Bea Ulalume) un magazine que informa de temas culturais, sociais e políticos, principalmente referentes á actualidade coruñesa ou galega.

Dende 2003 a 2009, realizou xunto con Mariano Fernández o programa Claves de Carral, na emisora municipal de Carral, Carral Radio. Ademais, en 2008 colabora no programa de Mayte González de Radio Coruña - Cadena SER, Por fin es sábado.

En 1999, xunto con Mariano Fernández e Antón Lezcano, fundaron a empresa de xestión cultural 10D10.Web de 10D10

Participou en diversos encontros de medios comunitarios, participando na creación en 2006 na creación da Rede Galega de Radios Libres e ComunitariasAs radios libres galegas mantéñense vizosas e preparan unha coordinadora que facilite o seu traballo. Cultura Galega (que aínda non ten personalidade xurídica), e en 2009, da Rede de Medios Comunitarios,Red de Medios Comunitarios en España . Centre for Communication Rights na que Mariano Fernández sería Secretario e Coordinador de Lexislación, e da que Cuac FM se convertería na súa sede social.

Notas

Categoría:Personalidades da radio en galego Categoría:Nados na Coruña Categoría:Xornalistas radiofónicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña