Na mitoloxía grega, Harmonía (en grego antigo Ἁρμονία Harmonía) é a deusa da harmonía e a concordia. A súa equivalente na mitoloxía romana é Concordia, e a súa oposta grega é Eris (equivalente á Discordia romana).

Orixe Segundo unha versión, era filla de Ares e Afrodita, segundo outra, de Afrodita e Hefesto e segundo outra de Hermes e Afrodita. Incluso segundo outra, Harmonía era de Samotracia, sendo filla de Zeus e Electra, e seu irmán Iasión foi o fundador dos ritos mistéricos celebrados na illa. Por último, Harmonía era racionalizada como estreita aliada de Afrodita, o amor que une o pobo, a personificación da orde e a unidade cívica.

Non obstante, case sempre Harmonía é esposa de Cadmo (quen lla reclamou ao seu pai Ares a cambio dunha expiación que o deus lle esixira, pois Cadmo matara un dragón que acababa de comer a varios dos seus homes; e dito dragón resultou ser propiedade de AresNueva Mitología Griega y Romana, de P. Commelin, editado polos irmáns Garnier, París.). Con Cadmo foi nai de Ino, Autónoe, Ágave e Sémele. Segundo as antigas escrituras, Harmonía figuraba como a avoa do deus Dioniso.

Quen describen a Harmonía como unha samotracia contaban que Cadmo, na súa viaxe a ese país, viu a Harmonía tras ser iniciado nos misterios, e levouna coa axuda de Atenea. Cando Cadmo foi obrigado a abandonar Tebas, Harmonía acompañouno. Cando chegaron ao país dos enqueleos, estes axudáronlle na súa guerra contra os ilirios, pero despois el e Harmonía foron transformados en dragóns e enviados ao Eliseo, ou segundo outras fontes foron levados alí nun carro tirado por dragóns.Apolodoro iii.5.4; Eurípides, As Bacantes 1233; Ovidio, Metamorfoses iv.562 e seg.

Colar miniatura|Polinices dándolle a Erífile o colar de Harmonía. Enócoe ático de figuras roxas, c. 450–440 a. C. achado en Italia.

Harmonía é coñecida na historia antiga principalmente pola historia do colar mortal que recibiu o día da súa voda. Cando o goberno de Tebas lle foi outorgado a Cadmo por Atenea, Zeus deulle a Harmonía como esposa. Todos os deuses honraron a voda coa súa presenza. Cadmo regaloulle á noiva unha toga e un colar, que recibira de Hefesto ou de Europa.Apolodoro iii.4.2. Este colar, chamado habitualmente Colar de Harmonía, traía a desgraza a todo aquel que o posuíra. Outras tradicións afirmaban que Harmonía recibiu este colar dalgunha outra deidade, como Afrodita ou Atenea.Diodoro Sículo iv.48, v.49; Píndaro, Píticas iii.167; Estacio, Tebaida ii.266; comp. Hesíodo, Teogonía 934; Himno homérico a Apolo 195.

Polinices, que herdou o colar, deullo a Erífile para que persuadira ao seu marido Anfiarao de emprender a campaña contra TebasApolodoro iii.6.2; Escolio sobre as Píticas de Píndaro iii.167.. A través de Alcmeón, o fillo de Erífile, o colar chegou a mans de Arsínoe, logo ás dos fillos de Fexeo, Pronoo e Axenor, e finalmente ás dos fillos de Alcmeón, Anfótero e Acarnán, quen o deixaron no templo de Atenea Pronea en Delfos.Apolodoro iii.7.5-7. O colar trouxéralle desgrazas a todos os que o posuíran, e continuou facéndoo incluso despois de ser depositado en Delfos. Failo, o tirano, roubouno do templo para darllo á súa amante, a esposa de Aristón. Esta levouno durante un tempo, pero ao final seu fillo toleou e prendeulle lume á casa, onde pereceu con todos os seus tesouros.Ateneo vi.232; Partenio, Erotica Pathemata 25.

Outros personaxes do mesmo nome

Unha ninfa que foi amada por Ares nos canellóns do bosque Acmonio. As amazonas eran descendentes dela.Apolonio de Rodas, Argonáuticas ii.986.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas «Harmonia» en Theoi Project .

Categoría:Deusas gregas