Pablo Honey é o álbum de estrea da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, lanzado o 22 de febreiro de 1993. No traballo inclúense tres sinxelos que entraron nas listas: "Anyone Can Play Guitar", "Stop Whispering" e "Creep", que talvez sexa a canción máis coñecida do grupo. Pablo Honey acadou o número 22 nas listas británicas e foi disco de platino en varios países.
Despois da edición de Pablo Honey, a banda desviouse do seu estilo post-grunge introspectivo, con letras autocríticas cara a un traballo máis amplo e experimental. O álbum non recibiu tanta atención como os seus posteriores discos, pero tivo boas críticas.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Radiohead.
Categoría:Álbums de Radiohead Categoría:Álbums musicais de 1993 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de Capitol Records Categoría:Álbums de Parlophone