"Deep" é un sinxelo promocional da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, feito para a banda sonora da película Lara Croft: Tomb Raider. Debido ao feito de ser só un sinxelo promocional nunca apareceu co seu número halo e nunca foi editado nun álbum da banda, a pesar de ter un vídeo musical dirixido por Enda McCallion.

A pesar de aparecer só na banda sonora de Lara Croft: Tomb Raider, o seu videoclip non ten relación algunha coa película. O vídeo amosa a Reznor como un ladrón de bancos que, xunto a unha rapaza, rouba dúas caixas da casa da moeda nacional.

Listaxe de cancións "Deep (Radio Edit)" – 3:35 "Deep (Album Version)" – 4:06

Categoría:Sinxelos de 2001