Bando nacional foi o nome co que se autodenominaron os sublevados, a raíz do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 contra o Goberno da Segunda República Española, formado tras o triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro dese ano, e que daría orixe á guerra civil española (1936-1939).
Base sociolóxica miniatura|Bandeira do bando nacional de 1936 a 1938.|esquerda|200x200px O bando nacional era apoiado fundamentalmente polas clases conservadoras, profesións liberais e sectores relixiosos. Tivo maior aceptación nas zonas rurais e en rexións de corte conservador, como Castela, Navarra, a provincia de Cáceres e parte de Andalucía. No político este bando era un conglomerado de partidos e organizacións en moitos casos con ideoloxías opostas e incluso enfrontadas, tales como conservadores (CEDA), radicais de Lerroux (liberais), católicos, falanxistas, monárquicos (agraristas) e carlistas (requetés).
Apoios internacionais O seu apoio exterior veu das que serían denominadas potencias do Eixo europeas na segunda guerra mundial, o Reino de Italia, a Alemaña nazi e pequenos continxentes de voluntarios doutros países, como Irlanda, Polonia ou Portugal que ademais permitiu o paso de subministracións alemás a través dos seus portos, así como de rusos brancos, opostos ao réxime soviético da URSS. O exército sublevado contou tamén con abundantes tropas de choque procedentes do que entón era o Marrocos español.miniatura|Mapa de España aos dous meses da rebelión militar (agosto-setembro de 1936).|centro Véxase tamén
Outros artigos Bando republicano
Categoría:Guerra civil española