Escamots Autònoms d'Alliberament é unha organización armada catalá que loita pola reunificación, a independencia e o socialismo nos Países Cataláns.
Apareceu a principios de 1994,Un grupo armado pide la independencia de Cataluña El Mundo pouco despois da autodisolución de Terra Lliure III Asemblea e pouco antes da autodisolución de Terra Lliure IV Asemblea. Os seus principios exprésanse nun libro de circulación restrinxida dende o cal animan os cidadáns cataláns a levaren a termo accións armadas pola liberación nacional dos Países Cataláns e que é tamén un manual para a fabricación de artefactos explosivos.
Relación de accións armadas Bomba incendiaria contra as oficinas do INEM (Barcelona, 2 de febreiro de 1994) Artefacto explosivo conta as oficinas do INEM (Sabadell, 5 de febreiro de 1994) Bomba incendiaria contra as oficinas do INEM (Barcelona, 22 de febreiro de 1994) Artefacto explosivo contra os xulgados de Sabadell (26 de febreiro del 1994) Cóctel molotov contra un concesionario Renault (Barberà del Vallès, 8 de xuño de 1994) Libro-bomba contra o avogado Esteban Gómez Rovira (3 de outubro de 1994)
Notas
Categoría:Organizacións armadas