Julio Cano Lasso nado en Madrid o 30 de outubro de 1920 e finado na mesma cidade o 7 de decembro de 1996, foi un arquitecto español.
Traxectoria No ano 1939, rematada a Guerra civil española, comezou os seus estudos de arquitectura que rematou en 1949 conseguindo o Premio Extraordinario de Fin de Carreira. En 1951 obtivo o título de Técnico Urbanista. Traballou no Instituto Nacional de Industria e posteriormente na Dirección Xeral de Urbanismo. Foi profesor da Escola de Arquitectura de Madrid entre os anos 1961 e 1970.
A obra de Cano Lasso está influenciada pola arquitectura moderna, polo seu discurso de racionalidade e eficiencia.
Obras destacadas miniatura|250px|dereita|Auditorio de Galicia. Estudo sobre o Polígono de Campolongo en Pontevedra (1961). Universidade Laboral de Ourense (1976). Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela (1986). Pavillón de España na Exposición Universal de Sevilla (1992).
Premios En 1991 recibiu a Medalla de Ouro da Arquitectura.
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía e proxectos en soloarquitectura.com . Julio Cano Lasso en epdlp.com .
Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando