O Yeclano Deportivo é un club de fútbol de España, da cidade de Yecla, na Rexión de Murcia. Foi fundado en 2004 e actualmente xoga na Segunda División B Española, logo de ascender na tempada 2011-12.
Historia O Yeclano Deportivo fundouse en 2004 tras a desaparición do histórico Yeclano CF. Arrinca na Primeira Territorial e consegue o ascenso. No seu primeiro ano en Territorial Preferente queda 2º saldando así as súas dúas primeiras tempadas de vida con dous ascensos.
Na tempada 2006-07 debuta na Terceira División quedando 12º. Ao ano seguinte repite a mesma posición, consolidando así a categoría. A tempada 2008-09 o equipo dá un salto na táboa e loita pola clasificación para o play-off de ascenso. Na súa primeira promoción de ascenso enfróntase ao Cacereño. Tras o empate a 0 en Yecla o equipo cae eliminado en Cáceres tras perder 3-1 na prórroga.
Na tempada 2009-10 consegue a mellor clasificación da súa historia ao quedar 2º en liga regular. En primeira rolda do play-off elimina o Trival Valderas, tras perder 2-0 en Alcorcón remonta en Yecla cun 5-1. Na segunda rolda elimina o Pájara Playas de Jandía, perdendo a ida 1-0 e gañando a volta 2-0. Na terceira e última rolda enfróntase ao Haro Deportivo, na Rioxa consegue unha vitoria 0-1 no último suspiro e na volta consegue o ascenso a Segunda B na quenda de penaltis.
Na tempada 2010-11, o equipo debuta na categoría cun 19º posto, descendendo novamente a Terceira División tras gañar soamente cinco partidos. Na tempada 2011-12 o equipo proclámase campión do grupo XIII de Terceira e xoga o playoff de ascenso de campións. O seu rival é o Caudal Deportivo e perde por un resultado global de 3-0. Ao ser campión tivo unha segunda oportunidade e, tras superar en dúas eliminatorias a Muro e Pobla de Mafumet, o equipo volve a Segunda B.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta azulgrana a raias verticais, pantalón azul e medias azuis. Uniforme alternativo: Camiseta metade azul celeste e metade branca, pantalón branco e medias brancas.
Estadio miniatura|Vista do estadio desde un dos seus fondos.
Estadio La Constitución, con capacidade para 5.000 persoas.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 2 Tempadas en 3ª: 5
Historial na liga TempadaCategoríaPosto2004/051ª Territorial1º 10px2005/06Preferente2º 10px2006/073ª12º2007/083ª12º2008/093ª4º2009/103ª2º 10px2010/112ªB19º 10px2011/123ª1º 10px2012/132ªB-
Xogadores Cadro 2010/11 Actualizado a 1 de setembro de 2010.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Yeclano Categoría:Yecla