Pasífae (ou en grego Πασιφάη) é unha lúa de movemento retrogrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta no ano 1908 por Philibert Jacques Melotte e recibiría máis tarde o nome mitolóxico de Pasífae. Na mitoloxía grega, Pasífae era a muller de Minos e nai do Minotauro.

Foi vista por primeira vez nunha placa tomada no Royal Greenwich Observatory, na noite do 28 de febreiro de 1908. Na inspección de placas previas, sería detectada a lúa nunha placa tomada o 27 de xaneiro. Recibiu a designación provisional , ó principio non estaba moi claro se era unha lúa de Xúpiter ou un asteroide. A confirmación de que era unha lúa de Xúpiter chegaría o 10 de abril. Pasífae non recibiría o seu nome oficial ata o ano 1975;IAUC 2846: Satellites of Jupiter 7 de outubro de 1974 (bautizando a lúa), antes dese ano era simplemente coñecida coma . Foi chamada ás veces "Poseidón" entre os anos 1955 a 1975.

Órbita miniatura|esquerda|300px|Satélites irregulares retrógrados de Xúpiter. Pasífae órbita Xúpiter nunha órbita retrograda cunha grande excentricidade e tamén cunha grande inclinación. Esta lúa dálle o seu nome ó grupo de satélites Pasífae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de quilómetros, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.Sheppard, S. S.; Jewitt, D. C.; e Porco, C. C.; Jupiter's Outer Satellites and Trojans, in Jupiter: The Planet, Satellites and Magnetosphere, edited by Fran Bagenal, Timothy E. Dowling, William B. McKinnon, Cambridge Planetary Science, Vol. 1, Cambridge, UK: Cambridge University Press, ISBN 0-521-81808-7, 2004, pp. 263-280 Os seus elementos orbitais foron tomados en xaneiro do ano 2000. Pero estes parámetros están en continuo cambio debido as perturbacións solares e do propio planeta Xúpiter sobre a órbita de Pasífae. O diagrama ilustra a órbita de Pasífae en relación a outros satélites irregulares retrógrados de Xúpiter. Os segmentos amarelos representan a excentricidade orbital que se estenden dende o pericentro ó apocentro. A lúa de galileo máis exterior, Calisto, foi posta coma referencia.

Pasífae tamén é moi coñecida por estar nunha resonancia orbital secular con Xúpiter (facendo coincidir a lonxitude da súa periapse coa lonxitude do perihelio de Xúpiter).

Características físicas Cun diámetro estimado de 58 km, Pasífae é a lúa retrógrada irregular máis grande de Xúpiter e a terceira máis grande entre tódalas lúas irregulares de Xúpiter, só por detrás das lúas Himalia e Elara.

As medicións espectroscópicas no infravermello indican que Pasífae ten un espectro semellante ós dalgún dos tipos de asteroides existentes, o cal fai sospeitar dunha posible orixe asteroidal. De feito pénsase que esta lúa podería se-lo fragmento dun asteroide capturado, así coma as outras lúas do grupo de satélites Pasífae.Sheppard, S. S.; e Jewitt, D. C.; An Abundant Population of Small Irregular Satellites Around Jupiter, Nature, Vol. 423 (Maio 2003), pax. 261-263

No espectro visible, Pasífae aparece gris (índices de cor B-V=0.74 V-R=0.38), de xeito semellante ós asteroides tipo C.Grav, T.; Holman, M. J.; Gladman, B. J.; e Aksnes, K.; Photometric Survey of the Irregular Satellites, Icarus, Vol. 166 (2003), pp. 33-45

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter

Ligazóns externas Pasiphae Profile by NASA's Solar System Exploration David Jewitt pages Scott Sheppard pages IAU-MPC NSES

Categoría:Lúas de Xúpiter