Hail to the Thief é o sexto álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, editado o 9 de xuño do 2003 polo selo Parlophone. Estreouse no número 1 no Reino Unido e no 3 nos Estados Unidos, onde vendeu máis copias na súa primeira semana que os anteriores álbums de Radiohead. Os seus sinxelos foron "There There", "Go to Sleep" e "2 + 2 = 5".
Despois de dous álbums de Radiohead con voces fortemente procesadas, menos guitarra e moita influencia da música electrónica e o jazz, Hail to the Thief é un pequeno regreso ás vellas influencias de rock alternativo da banda. Con preto dunha hora de duración, Hail to the Thief é o álbum máis longo da banda, aínda que moitos dos seus temas teñen unha lonxitude de sobre tres minutos, máis curta que a media da banda.
Hail to the Thief foi elixido o cuarto mellor disco do ano pola publicación de Internet Pitchfork Media, na súa lista dos 50 mellores álbums do 2003.
Título alt=|esquerda|miniatura|A frase Hail to the Thief ("Saúdo ao ladrón") foi utilizada polos manifestantes durante a polémica sobre as eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2000. Os Radiohead consideraron titular o álbum The Gloaming (que significa "crepúsculo" ou "solpor"), pero isto foi rexeitado por ser demasiado "poético" entre outros motivos e así converteuse no subtítulo do álbum. Outros títulos considerados foron Little Man Being Erased, The Boney King of Nowhere e Snakes and Ladders, que se converteron nos títulos alternativos de "Go To Sleep", "There There" e "Sit Down. Stand Up".
O uso de títulos alternativos inspirouse nos playbills vitorianos que mostraban cancións moralistas interpretadas nos music halls. A frase Hail to the Thief, "Salve ao ladrón" foi utilizada polos manifestantes anti-Bush como unha parodia do "Hail to the Chief", o himno presidencial estadounidense.Bendat, p.70.
Radiohead escolleu o título en parte en referencia a Bush, pero tamén en resposta ao auxe da intolerancia xeral e da loucura. O título tamén fai referencia á filtración dunha versión inacabada do álbum antes do seu lanzamento.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Radiohead. "2 + 2 = 5 (The Lukewarm.)" - 3:19 "Sit down. Stand up. (Snakes & Ladders.)" - 4:19 "Sail to the Moon. (Brush the Cobwebs out of the Sky.)" - 4:18 "Backdrifts. (Honeymoon is Over.)" - 5:22 "Go to Sleep. (Little Man being Erased.)" - 3:21 "Where I End and You Begin. (The Sky is Falling in.)" - 4:29 "We suck Young Blood. (Your Time is up.)" - 4:56 "The Gloaming. (Softly Open our Mouths in the Cold.)" - 3:32 "There there. (The Boney King of Nowhere.)" - 5:23 "I will. (No man's Land.)" - 1:59 "A Punchup at a Wedding. (No no no no no no no no.)" - 4:57 "Myxomatosis. (Judge, Jury & Executioner.)" - 3:52 "Scatterbrain. (As Dead as Leaves.)" - 3:21 "A Wolf at the Door. (It Girl. Rag Doll.)" - 3:21
Notas
Véxase tamén
Categoría:Álbums de Radiohead Categoría:Álbums musicais de 2003 Categoría:Álbums producidos por Nigel Godrich