Rachel Sarah Bilson, nada nos Ánxeles (California) o 25 de agosto de 1981, é unha actriz estadounidense.
Traxectoria Bilson é filla do guionista de televisión Danny Bilson e por influxo seu comezou a aparecer en anuncios para a televisión, a partir de 2003 comezou a aparecer en episodios de Buffy the Vampire Slayer e 8 Simple Rules for Dating My Teenage Daughter, facéndose coñecida pola súa interpretación de Summer Roberts na serie The O.C. (2003-2007). Bilson fixo a súa primeira aparición no cinema en 2006 con The Last Kiss, actuando tamén no filme de 2008 Jumper.
Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados nos Ánxeles