Abba Eban (אבא אבן), nado como Aubrey Solomon Eban en Cidade do Cabo o 2 de febreiro de 1915 e finado o 17 de novembro do 2002, foi un político e diplomático israelí.

Eban residiu en Inglaterra dende a infancia, estudou en Cambridge, e serviu co exército británico durante a segunda guerra mundial, realizando misións de enlace entre os aliados e os Yishuv de Palestina, onde se estableceu despois da guerra.

Logo da creación do Estado de Israel foi o primeiro representante israelí na ONU e embaixador israelí nos Estados Unidos. Entre 1966 e 1974 foi o ministro de exteriores de Israel, defendendo o país durante a Guerra dos seis días, malia iso foi un dos valedores da devolución de territorios a cambio de paz.

En 1988, despois de tres décadas na Knesset, perdeu o seu escano a causa das divisións internas no Partido Laborista

Eban, Abba Categoría:Nados en Cidade do Cabo Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 2002