Julio Ulloa Vence, nado en Castelo (Taboada) o 19 de xullo de 1930 e finado en Lugo o 29 de maio de 2020, foi un enxeñeiro agrónomo e político galego.

Traxectoria Cursou o bacharelato no Instituto de Ourense e a carreira de Enxeñeiro Agrónomo na Escola Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Madrid, rematándoa en 1958; en 1962 obtivo o doutoramento. Ampliou estudos na Universidade de Georgetown (Estados Unidos de América) cunha bolsa do AID. Foi socio fundador e presidente durante tres anos do Club Cultural Valle Inclán.

Foi Presidente da Deputación Provincial de Lugo entre 1963 e 1965 e procurador en Cortes en representación da Deputación. Foi Director da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo, xefe do Servizo de Produción Vexetal na Delegación de Agricultura de Lugo e Xefe do Servizo de Produción Agropecuaria da Consellería de Agricultura en Lugo.

Foi elixido Senador pola provincia de Lugo pola UCD nas eleccións de 1977. En 1979 foi elixido deputado tamén pola UCD. Foi elixido senador en representación da coalición AP-PDP nas eleccións xerais de 1982, repetindo nas de 1986 pola Coalición Popular. En 1988 abandonou a súa adscrición no Senado no grupo da democracia cristiá e pasouse ao grupo mixto, a canda Enrique Marfany e Eduardo Olano Gurriarán. Retirado da política en 1989, foi presidente do Foro Rural Galego. Foi o primeiro presidente do club cultural Valle Inclán. Finou en Lugo o 29 de maio de 2020.La Voz de Galicia, 30-5-2020, p. 40.

Vida persoal

Casou con María Dolores Calvo Beato e foi pai de Juan e Elena Ulloa Calvo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Lista de senadores galegos desde a Transición

Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Enxeñeiros agrónomos Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo

Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Senadores por Lugo Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD Categoría:Políticos de AP Categoría:Nados en Taboada Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes