Julio Manuel Yebra-Pimentel Blanco, nado en Lousada (Carballedo) o 31 de agosto de 1944, é un farmacéutico e político galego.
Traxectoria Fillo de Luis Yebra-Pimentel Vidal e sobriño de Secundino Vázquez, alcalde de Carballedo entre 1976 e 1983. Simpatizante das xuventudes da UCD desde os seus anos de estudante. Comezou a militar en Alianza Popular en 1983, aínda que se presentou por primeira vez ás eleccións como independente na lista de CG. Farmacéutico de profesión, en novembro de 1981 fíxose coa licenza da farmacia de Castro de Carballedo e trasladouna á Barrela, contrariando o acordo verbal ao que chegara coa anterior propietaria, o que desembocou en graves disturbios na vila, con centos de veciños e cerca de 50 gardas civís mobilizados.
É alcalde de Carballedo dende 1983, contando sempre con maioría absoluta, presentándose por CG (1983), AP (1987) e PP (1991-2023). Foi deputado na Deputación de Lugo (1983-1991). En outubro de 1991, logrou que A Barrela fose definitivamente recoñecida como capital do concello, o que provocou novos e graves disturbios na localidade, resultando en enfrontamentos físicos e no incendio do consistorio provisional. Foi senador por Lugo dende outubro de 1989 ata xaneiro de 2000 (IV a VI lexislaturas) polo Partido Popular de Galicia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Eleccións municipais en Carballedo
Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Alcaldes de Carballedo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Senadores por Lugo Categoría:Nados en Carballedo Categoría:Nados en 1954 Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes