John Aubrey, nado preto de Malmesbury (Wiltshire) o 12 de marzo de 1626 e finado en xuño de 1697, foi un anticuario e escritor inglés, máis coñecido por ser autor de breves pezas biográficas, usualmente coñecidas como Brief Lifes. Era membro dunha familia adiñeirada e famosa da zona. Educouse na escola gramática de Malmesbury, baixo a tutela de Robert Latimer, que tivera a Thomas Hobbes entre os seus primeiros alumnos. En casa do seu profesor, Aubrey deu por vez primeira co filósofo cuxa biografía redactaría máis adiante.

Véxase tamén Ligazóns externas mym's Aubrey Shrine

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1626 Categoría:Finados en 1697 Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Membros da Royal Society