António Teixeira, nado en Lisboa o 14 de maio de 1707 e finado en 1774, foi un compositor portugués.
Traxectoria Naceu e morreu en Lisboa. Estudou en Roma de 1714 a 1728, e no día 11 de xuño do mesmo ano foi elixido Capelán-cantor da Sé de Lisboa. Escribiu algunhas cantatas festivas para membros da aristocracia e compuxo música para polo menos tres Óperas de António José da Silva, Guerras de Alecrim e Menjerona, As Variedades de Proteu e O Labirinto de Creta. José Mazza afirmou ter composto sete Óperas, que foron realizados por grandes marionetas, no Teatro do Bairro Alto en Lisboa entre 1733 e 1739. No día 28 de novembro de 1765 tórnase membro da Irmandade de Santa Cecília. A súa obra máis importante é o sacro Te Deum a 20 voces para a igrexa de San Roque, un traballo en grande escala que sofre a influencia do modo policoral do barroco romano. As súas obras sacras están nos arquivos da Sé de Lisboa.
Obras Música vocal secular Os esposos felizes (composición 1732, Lisboa) Os encantos de Medeia (ópera, libretto de António José da Silva, 1735, Lisboa) Guerras do alecrim e manjerona (ópera joco-séria, libretto de António José da Silva, 1737, Lisboa) Composición dramática para cantarse en ocasión da felicisima boda da Ilustrísima e Excelentísima Señora D. Joana Perpétua de Bragança co Ilustrísimo e Excelentísimo Señor Marqués de Cascais D. Luís de Castro (1738) Glória, Fama, Virtude (cantata a 3 voces concertadas) Dueto para 2 voces e baixo continuo
Obras de dubidosa atribución Vida do grande D. Quixote de la Mancha e do gordo Sancho Pança Anfritrião, ou Júpiter e Alcmena O labirinto de Creta As variedades de Proteu (1737) Precipício de Faetonte and Esopaida, ou Vida de Esopo
Música sacra Misa para 8 voces Misa para 4 voces Miserere para 8 voces Lamentacións de Xeremías o Profeta Salvo para 4 voces para Santo António dos Portugueses (Roma) Varios ofertorios, lamentacións e motetos Te Deum para 20 voces e orquestra (1734) O salutaris hostia para 5 voces, 2 violinos, baixo e órgan Tantum ergo para 5 voces, 2 violinos, baixo e órgan
Véxase tamén Bibliografía M.C. de Brito: Opera in Portugal in the Eighteenth Century (Cambridge, 1989)
Categoría:Nados en 1707 Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Finados en 1774 Categoría:Compositores de Portugal