John Walson, nado o 25 de marzo de 1915 en Forest City e finado o 28 de marzo de 1993 en Nova York, foi un pioneiro estadounidense da televisión por cable, recoñecido polo Congreso dos Estados Unidos e a National Cable Television Association como o seu inventor en 1948., aínda que algúns historiadores da televisión poñen en dúbida que fose o primeiro en desenvolvelaPatrick Parsons Blue skies: a history of cable television, p.70. Traxectoria Nacido como John WalsonavichMary Alice Mayer Philips, CATV: a history of community antenna television, 1972 era fillo de inmigrantes rusos, estudou electrónica nunha escola de formación profesional en Chicago e de volta a Mahanoy City traballou nunha compañía eléctrica ata 1945 cando obtivo unha franquía para vender e reparar produtos de General Electric abrindo un local no nome de Service Electric Company, a partir de 1947 comezou a vender televisores pero a recepción do sinal das canles de televisión, que emitían desde Filadelfia era mala, debido a que as montañas que arrodeaban a vila bloqueaban o sinal. Para resolver o problema en xuño de 1948Segundo testemuños persoais, toda a documentación da empresa perdeuse nun lume: Brian Lockman e Don Sarvey Pioneers of cable television: the Pennsylvania founders of an industry, p. 14 Walson montou unha torre con antena no cumio dunha das montañas, conectándoa por medio de cable con televisores expostos no escaparate da súa tenda, o que lle permitía demostrar á clientela o ben que funcionaban sen ter que desprazarse ao alto da montaña. Posteriormente conectou aos seus clientes que vivían na zona que percorría o cable, esta foi a primeira rede de televisión por cable nos Estados Unidos e foi a primeira en utilizar microondas para sintonizar canles de televisión distantes , e o primeiro en usar cable coaxial para mellorar a calidade da imaxeRay Horak Telecommunications and Data Communications Handbook, p. 445.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Obituario no New York Times

Watson