é un obxecto trans-neptuniano cunha magnitude absoluta (H) de 4,5. Este feito fai que sexa un feble candidato a planeta anano, e moito máis se se ten en conta que podería ser un membro da familia de Haumea, familia cun gran albedo, debido a refractividade dos seus xeos. Foi descuberta por David Rabinowitz o 17 de decembro do 2009, dende o Observatorio La Silla de Chile. Cando foi descuberto criase que tiña unha magnitude absoluta (H) de 2.8, o cal faría del o primeiro KBO brillante descuberto dende o hemisferio sur.
Órbita A súa órbita preliminar suxería que o obxecto chegou ó seu perihelio ó redor de 1864. Actualmente está a 50 UAs respecto do Sol e acadará ó seu afelio no 2012.
Polo momento a órbita é só preliminar xa que só foi observado durante 98 días dende o 13 de decembro do 2009.
Características físicas Magnitude absoluta miniatura|esquerda|Diferentes albedos dan coma resultado diferentes tamaños O tamaño dun obxecto pode ser establecido unha vez se coñece a súa magnitude absoluta (H) e o seu albedo (a proporción de luz que reflicte). ten unha magnitude absoluta de 4,5. Dado o feito de que ten unha magnitude absoluta máis feble que H=1, este obxecto non é supervisado por dous comités para asignarlle nome nin automaticamente é catalogado coma planeta anano pola Unión Astronómica Internacional (UAI).Cita de prensa: Plutoid chosen as name for Solar System objects like Pluto
Asumindo que ten un albedo de 0.25, albedo moi común entre os KBOs (obxectos clásicos do cinto de Kuiper) que teñen uns tamaños duns ~1000 km, ese albedo outorgaríalle uns 340 km de diámetro. Pero coma na actualidade non se coñece realmente o seu verdadeiro albedo, o seu tamaño podería ir duns 200 kms ata os 560 kms de diámetro.
Mike Brown cre que podería ser un fragmento da familia de colisión de Haumea xa que ten unha inclinación orbital moi semellante á dos membros da familia de Haumea. Nese caso podería ter un albedo que chegase ata o 0.7, dando unha estimación para o seu tamaño moito menor, duns 200 kms. O espectro infravermello amosa que ten unhas marcadas liñas de absorción de xeo de auga, o cal fai que se relacione a coa familia de Haumea.
Un corpo de xeo cun diámetro superior ós 400 kms sería quasi-esférico. Moitas das lúas de xeo do Sistema Solar son esféricas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos (55636) 2002 TX300, pertencente á familia de colisión de Haumea Haumea Candidatos a planeta anano Planeta anano
Ligazóns externas
Orbital simulation from JPL (Java) / Horizons Ephemeris
Categoría:Obxectos do disco disperso e obxectos distantes Categoría:Candidatos a planeta anano