Non debe confundirse co Condal Club de Fútbol.

O Club Deportivo Condal foi un club de fútbol da cidade de Barcelona, en Cataluña, España. Foi fundado en 1934 e en 1970 fusionouse co Atlético Cataluña para formar o Barcelona Atlètic, actual filial do FC Barcelona.

Historia

O CD Condal foi fundado o 1 de agosto de 1934 como Sección de Deportes de la España Industrial e foi orixinalmente o equipo da fábrica que levaba o seu nome.

O equipamento era a raias verticais branquiazuis. A Compañía era propiedade da familia de Josep Antoni de Albert, quen foi brevemente presidente do FC Barcelona en 1943. En 1951, durante a súa presidencia, o club converteuse nun equipo filial do FC Barcelona e empezou a utilizar o estadio de Les Corts como local.

Ao principio militou nas ligas rexionais locais, pero en 1950 ascenderon a Terceira División e polo ano 1952 ascenderon a Segunda División. En 1953 finalizaron segundos no seu Grupo I, clasificados para disputar o play-off de ascenso, pero ao ser un filial do FC Barcelona non puideron ascender.

Logo de conseguir disputar o seu segundo play-off de ascenso en 1956, o CD Espanya Industrial independizouse do FC Barcelona e cambiou o seu nome polo de Club Deportivo Condal para poder xogar en Primeira División. O equipamento cambiouse por unha camisa azul con dúas franxas brancas en diagonal. Así o club podía disputar ese play-off e ascender a Primeira, o cal conseguiron. Só puideron estar unha campaña en Primeira e descenderon en 1957.

Tras o descenso, o Condal estivo 4 tempadas máis en Segunda División, ata que en 1961 renunciaron a seguir en Segunda e pasaron a xogar en Terceira. En 1965 regresan a Segunda, onde pasan dúas campañas ata descender en 1967.

En 1968 chega a un acordo co FC Barcelona para ser novamente o seu filial. Cambiou o seu uniforme por un azulgrana e con pantalón branco. En 1970 acórdase fusionarse co Atlético Cataluña para formar o Barcelona Atlètic.

Uniforme

Uniforme titular: Camiseta azul con dúas franxas brancas en diagonal, pantalón branco e medias azuis.

Estadio

O Camp de Les Corts foi o segundo estadio da historia do FC Barcelona. En 1951, tras facerse o España Industrial filial do Barcelona, pasou a xogar en Les Corts ata 1970.

Datos do club

Tempadas en 1ª: 1 Tempadas en 2ª: 10 Tempadas en 3ª: 10

Historial na liga Tempada Categoría Posición1947/483ª4º1948/49Territorial A—1949/50Territorial A—1950/513ª4º1951/523ª1º1952/532ª2º1953/542ª5º1954/552ª11º1955/562ª3º1956/571ª16º1957/582ª5º1958/592ª4º Tempada Categoría Posición1959/602ª10º1960/612ª12º1961/623ª2º1962/633ª3º1963/643ª8º1964/653ª1º1965/662ª7º1966/672ª16º1967/683ª1º1968/693ª7º1969/703ª5º

Xogadores destacados Marià Gonzalvo Sígfrid Gràcia Gustau Biosca Ferran Olivella Francesc Rodríguez Carles Rexach

Palmarés Torneos nacionais Terceira División de España (3): 1951-52, 1964-65, 1967-68

Véxase tamén Outros artigos FC Barcelona FC Barcelona B

Ligazóns externas Información do club

Condal Categoría:Equipos de fútbol de Barcelona