Rogelio Martínez González, nado na Arnoia en 1956, é un político galego.
Traxectoria En abril de 1979 foi elixido alcalde da Arnoia con maioría absoluta, sendo naquel momento o alcalde máis novo de España.Rogelio Martínez es el superdelegado de la Xunta de Galicia en Ourense . www.ourensedixital.com, 14/12/2009. . Continuou como alcalde da Arnoia con maioría absoluta á fronte de Alianza Popular (logo Partido Popular) durante 30 anos. Chegou a ser presidente da Mancomunidade de Concellos do Ribeiro, portavoz do PPdeG na Deputación de Ourense e vicepresidente primeiro de Xosé Luis Baltar. En maio de 2009 foi nomeado Delegado da Xunta de Galicia na provincia de Ourense, polo que abandonou a alcaldía e os seus cargos na Deputación. Mantívose como Delegado ata o 8 de outubro de 2015, cando o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o cesou.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Arnoia
Categoría:Alcaldes da Arnoia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados na Arnoia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes