O Ülker Gençlik ve Spor Kulübü, popularmente coñecido como Ülkerspor ou Ülker, foi un club profesional de baloncesto turco con sede na cidade de Istanbul. O club competiu na Türkiye Basketbol Ligi, a máxima categoría do baloncesto turco, até a súa fusión co Fenerbahçe. O equipo xogaba os seus partidos como local no Abdi İpekçi Arena.

Palmarés Liga de Turquía: Campións (4): 1995, 1998, 2001, 2006 Copa de Turquía: Campións (3): 2003, 2004, 2005 Supercopa de Turquía: Campións (6): 1995, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005

Véxase tamén Outros artigos Fenerbahçe S.K.

Categoría:Equipos de baloncesto de Turquía