O Shimizu S-Pulse (en xaponés, 清水エスパルス) é un club de fútbol xaponés de Shimizu, en Shizuoka. Fundouse o 1 de maio de 1991 e compite na J. League.
Estadio
O Shimizo S-Pulse disputa os seus partidos como local no estadio Nihondaira, que ten capacidade para 20.399 espectadores e céspede natural. Debido á capacidade reducida do campo Nihondaira, é habitual que o equipo dispute partidos de Liga e Copa noutros campos, sendo o máis habitual o estadio Ecopa de Shizuoka para os encontros fronte ao Júbilo Iwata. Está prevista unha expansión de capacidade para dar cabida a máis seguidores.
O S-Pulse adestra en Miho Ground, un campo onde además as categorías inferiores disputan os seus partidos e onde o equipo dispón das súas oficinas centrais desde a súa creación.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club
Categoría:Equipos de fútbol do Xapón