O cerio é un elemento químico da táboa periódica. O seu símbolo é Ce e o seu número atómico 58. É un dos 14 elementos químicos que seguen ao lantano na táboa periódica, denominados por iso lantánidos.
Características É un metal foncho e dúctil, de cor gris metálico, semellante ao ferro, que convértese en vermello ao exporse ao ar, xa que oxídase moi facilmente. É un elemento moi escaso na codia terrestre (0,0046 % en peso), que aparece disperso en diversos minerais. De todos modos, o cerio é o elemento máis abondoso entre os do grupo das terras raras.
O cerio ten o terceiro rango de líquido entre os elementos químicos: 2 648 °C (795 °C a 3443 °C) (só o neptunio e o torio teñen rangos de líquidos máis grandes).
Aparece en moitos minerais, os máis importantes son a monacita e a bastnasita.
Historia Atopouse en 1803 por Martin Heinrich Klaproth e Jöns Jacob Berzelius e, independentemente, por Wilhelm von Hisinger. A orixe do seu nome provén do asteroide máis grande do sistema solar, Ceres. Tamén Ceres é a deusa romana da agricultura.
Aplicacións Tén moitas aplicacións comerciais. Inclúe as de: Catalizador. Aditivo do combustibel, para reducir as emisións de gases contaminantes. Algúns dos seus derivados empréganse na pirotecnia e coma materiais cerámicos. Aliado con ferro para as pedras dos chisqueiros. O óxido de cerio, en forma de óxido de cerio (IV), emprégase para puír lentes. Nas aliaxes dos imáns permanentes.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Cerio Categoría:Lantánidos