Sonna foi un dos nobres ou condes (comes) galegos que no ano 842 axudaron a Ramiro I na guerra contra o seu opositor ovetense, Nepociano.

Traxectoria A Crónica de Afonso III ofrece unha breve información, pola cal este nobre xunto con outro chamado Escipión terían capturado a Nepociano na rexión de Primorias (preto de Pravia, centro de Asturias). Foi derrotado na batalla de Corniana (842) e despois foi presentado a Ramiro I, quen lle perdoou a vida. Porén, o rei cegaríao para evitar unha posible rebelión, pechándoo nun mosteiro, aínda hoxe descoñecido.

Categoría:Nobres de Galicia do século IX