Jaroslav Seifert, nado en Praga o 23 de setembro de 1901 e finado o 10 de xaneiro de 1986, foi un poeta e xornalista checo. Recibiu o Premio Nobel de Literatura no 1984 por unha produción poética que, dotada de gran frescura, sensualidade e variada imaxinación, subministra unha imaxe liberada do espírito indomable e a versatilidade do home.

Traxectoria Naceu nun barrio residencial de Praga, no seo dunha familia de clase obreira. Non chegou a rematar os seus estudos e comezou a dedicarse á poesía e ó xornalismo. No 1921 publica a súa primeira colección de poemas, Mesto v slzach. miniatura|dereita|Retrato en relevo na tumba de Jaroslav Seifert. Foi membro fundador do grupo vangardista Devestil e do Partido Comunista Checoslovaco con que rompe relacións no 1929. Entre 1968 e 1970 asumiu a dirección da Unión de Escritores Checos. No 1985 publicou as súas memorias (Všecky krásy světa: příběhy a vzpomínky).

Obra Entre as súas obras máis importantes destacan:

Ruce Venušiny (1936) Světlem oděná (1940) Maminka (1954) Koncert na ostrově (1965) Kniha o Praze (1968) Deštník z Picadilly (1979) Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina Oficial dos Premios Nobel: Jaroslav Seifert

Categoría:Escritores en lingua checa Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Escritores da República Checa Categoría:Nados en 1901 Categoría:Nados en Praga Categoría:Finados en 1986