Bluetooth é un protocolo de comunicación sen fíos de curto alcance. Permite conectar gran cantidade de pequenos dispositivos electrónicos sen necesidade de cables. Comezou a ser desenvolvida por Ericsson en 1994, e dende 1998 por Bluetooth Special Interest Group (SIG), consorcio inicialmente establecido por Sony, Ericsson, IBM, Intel, Toshiba e Nokia, pero que hoxe inclúe a máis de 2000 empresas, xa que a tecnoloxía Bluetooth comprende hardware, software e requirimento de interoperatibilidade polo que é preciso para o seu desenvolvemento a participación dos principais fabricantes dos sectores das telecomunicacións e a informática. A última versión dispoñible e a 2.0, pero a máis popular é aínda a anterior, a 1.2 . O nome procede do rei danés Harald Blåtand que traducido ao inglés sería Harold Bluetooth. A icona de Bluetooth son as runas das iniciais do nome e apelido. 8px a (Hagall) e a 8px (Berkana), coñecido como 'dente azul' ('bluetooth') fóra dos seus dominios.

Norma Versión Ancho de banda IEEE 802.15.1-2002 Versión 1.1 IEEE 802.15.1-2005 Versión 1.2 1 Mbit/s Versión 2.0 + EDR 3 Mbit/s IEEE 802.11 Versión 3.0 + HS 24 Mbit/s Versión 4.0 24 Mbit/s

Notas

Categoría:Sistemas de conexión de dispositivos