Os Bulls son un equipo profesional de rugby fundado en 1997, que compite no Super Rugby representando ó norte da rexión de Transvaal, que ten a súa sede na cidade surafricana de Pretoria, e que xoga os seus partidos como local no estadio Loftus Versfeld. O equipo dos Bulls que xoga na primeira metade do ano no Super Rugby está construído sobre a base dos Blue Bulls que xogan na Currie Cup surafricana na segunda metade do ano, e ámbolos dous equipos están gobernados pola Northern Transvaal Rugby Union.
Estadio Os Bulls xogan como locais no estadio Loftus Versfeld de Pretoria, estadio que foi inaugurado no ano 1923, renovado en 1977 e ampliado en 2008 por mor da Copa do Mundo de Fútbol 2010, acadando unha capacidade para acoller 51.762 persoas nas súas bancadas. Este recinto leva dende 1938 sendo o fogar do equipo Blue Bulls que compite na Currie Cup (a liga surafricana de rugby). Xogadores 250px|miniatura|dereita|Estadio Loftus Versfeld, fogar dos Bulls. Na tempada 2016 os Bulls contarán cos seguintes xogadores: 1ª Liña Andrew Beerwinkel Werner Kruger Dean Greyling Morné Mellett Trevor Nyakane Marcel van der Merwe Dayan van der Westhuizen
Talonadores Bandise Maku Adriaan Strauss Callie Visagie Jaco Visagie
2ª Liña Grant Hattingh Marvin Orie Nico Janse van Rensburg RG Snyman 3ª Liña Arno Botha Jacques Engelbrecht Hanro Liebenberg Roelof Smit Deon Stegmann Nardus van der Walt Nick de Jager
Medios Melé Rudy Paige Piet van Zyl
Aperturas Handré Pollard Tian Schoeman Centros JJ Engelbrecht Riyan Nell Burger Odendaal Jan Serfontein
Ás Bjorn Basson Travis Ismaiel Jamba Ulango
Zagueiros Warrick Gelant Jesse Kriel Duncan Matthews
En letra grosa os xogadores internacionais en categoría absoluta.
Os xogadores mais salientables da historia dos Bulls son: Morné Steyn, Fourie du Preez, Victor Matfield, Bryan Habana, Derick Hougaard, Bakkies Botha Jannie de Beer ou Joost van der Westhuizen entre outros.
Traxectoria A traxectoria dos Bulls no Super Rugby non puido ser mais complexa. Na primeira edición do torneo, en 1996, o equipo chegou ás semifinais, caendo fronte ós Auckland Blues. En 1999, 2001 e 2002 foi o peor equipo da competición, chegando mesmo a acadar un só punto en toda a liga da edición 2002. Non obstante, as cousas melloraron para o equipo de Pretoria, chegando de novo a unha semifinais no ano 2005. Entón caeu fronte ós NSW Waratahs. En 2006 caeu de novo nas semifinais, diante dos Crusaders. Foi en 2007 cando os Bulls acadaron a súa primeira final do Super 14, na que venceron ós Sharks facéndose co seu primeiro título. Tras un mal 2008, en 2009 chegou de novo á final, e de novo venceu, esta vez ós Waikato Chiefs. O terceiro e último título, polo de agora, chegou en 2010 coa vitoria na final fronte ós Stormers. TempadasXog.Gañ.Emp.Per.PuntosPostos na Tempada RegularResultados nos Playoffs2016 2015 1670938 9º -2014 1671838 9º - 2013 16120463 2º Semifinalista (caeu fronte ós Brumbies)2012 16100659 5º Cuartofinalista (caeu fronte ós Crusaders)2011 16100654 7º -2010 13100347 1º CAMPIÓN (fronte ós Stormers)2009 13100346 1º CAMPIÓN (fronte ós Chiefs)2008 1360728 10º -2007 1390442 2º CAMPIÓN (fronte ós Sharks)2006 1371538 4º Semifinalista (caeu fronte ós Crusaders)2005 1170434 3º Semifinalista (caeu fronte ós Waratahs)2004 1151528 6º -2003 1160530 6º -2002 1100111 12º -2001 1120911 12º -2000 1112811 11º -1999 1110107 12º -1998 1130816 11º -1997 1133522 8º -1996 1180338 3º Semifinalista (caeu fronte ós Blues)
Véxase tamén Outros artigos Super Rugby Blue Bulls
Ligazóns externas Páxina Oficial Supersport
Categoría:Equipos de rugby de Suráfrica