O TRAM Metropolità d'Alacant é a marca comercial coa que Ferrocarrils de la Generalitat Valenciana (FGV), empresa dependente da Generalitat Valenciana, xestiona a rede de metro e tranvía da cidade de Alacant e as súas proximidades.
A orixe deste sistema de transporte sitúase no antigo Trenet de la Marina, ferrocarril construído no século XIX que percorría toda a Costa Blanca desde Alacant ata Dénia pasando por Benidorm ou Altea, e que pertenceu primeiro a FEVE e logo a FGV e que actualmente deu orixe ao TRAM.
O TRAM é un sistema híbrido de transporte que combina o tranvía en superficie e o tren lixeiro, tanto en superficie como subterráneo (con velocidades de ata 110 km/h) no núcleo urbano e ata poboacións das proximidades de Alacant.
Liñas Liñas en servizo e en construción Liña Terminais Lonxitude Estacións Tipo Plataforma Frecuencia Luceros - Benidorm 43,210 km 20 (8 compartidas) tren-tram 80 m 30 min Luceros - Sant Vicent del Raspeig 9 km 14 (3 compartidas) tranvía 65 m 15 min Luceros - El Campello 14,095 km 17 (8 compartidas) tranvía tren-tram 80 m 30 min Luceros - Av. de la Corunya 10,039 km 18 (7 compartidas) tranvía 65 m 30 min Porta del Mar - Av. de la Corunya 8,7 km 17 (15 compartidas) tranvía 65 m 30 min Benidorm - Dénia 50,831 km 18 (1 compartida) automotor 80 m 60 minTOTAL operativo (6 liñas) 127,175 km71———
Liñas en estudo Liña Terminais Lonxitude Estacións Tipo Plataforma La Vila Joiosa ↔ Algar de Palancia (en estudo) ?? km 14 tranvía 80 m Villafranqueza - Mutxamel (en estudo) ?? km ?? ?? ?? m Estación Central - Elx (en estudo) ?? km ?? ?? ?? m Parque Temático - Benidorm Centro (en proxecto) ?? km ?? ?? ?? mTOTAL (4 liñas) ?? km??——
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Ferrocarrils de la Generalitat Valenciana Sitio web de TRAM Alacant
Categoría:Alacant Alacant Alacant