Aupa Etxebeste! é un filme dirixido por Asier Altuna e Telmo Esnal, en éuscaro, do 2005.

Argumento O mesmo día que os Etxebeste saen de vacacións, quedan sen diñeiro. Pasarán as vacacións agochados na casa para manter as aparencias ante os veciños, xa que se acercan as eleccións e Patricio é candidato á alcaldía. Os Etxebeste aproveitan a súa estancia na casa para botarse en cara mentiras e miserias.

Elenco Ramón Agirre: Patrizio Elena Irureta: María Luisa Paco Sagarzazu: Luciano Iban Garate: Iñaki Iñake Irastorza Axun Patxi González: Exenarro José Mari Agirretxe: Julián Felipe Barandiaran: Juan Ane Sánchez: Maite Guillermo Toledo: ladrón Luís Tosar: ladrón

Palmarés cinematográfico Premio da Xuventude no Festival de Cine de San Sebastián. Gañador no Festival Internacional de Cine de Siena (Italia). Tamén tivo candidaturas no Festival de Cine de São Paulo, así como nos Premio Goya.

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua éuscara Categoría:Filmes do País Vasco