O 10 de marzo é o 69º día do ano do calendario gregoriano e o 70º nos anos bisestos. Quedan 296 días para finalizar o ano.

Acontecementos 988: O Conde Borrell de Barcelona abandona, a pleitesía ó rei franco. Independencia unilateral dos condados da Cataluña vella. 1126: Afonso VII rei de Galiza desde o 1111, é coroado tamén na catedral de León como rei de León e Castela. 1535: Descubrimento das Illas Galápagos por Tomás de Berlanga, bispo de Panamá. 1906: A meirande Catástrofe mineira francesa, a de Courrières, con 1099 mortes. 1915: accidente ferroviario na liña entre Monforte de Lemos e Vigo, entre as estacións da Frieira e Filgueira (Crecente). Un gran volume de rocha desprendeuse dun talude. Afectou á locomotora e seis unidades do convoi do tren correo Madrid-Vigo. Morreron 19 persoas e 25 resultaron feridas"Desprendimiento de tierras. Parte de un tren sepultado", Heraldo de Madrid, 11 de marzo de 1915, pp. 1 e 2. Hemeroteca dixital da BNE. (data de acceso, 15 de outubro de 2013). 1944: Publícase en Buenos Aires Sempre en Galiza, de Castelao. 1945: Bombardeo de Tokyo (Xapón) pola aviación dos Estados Unidos, 83 000 mortos. 1952: En Cuba, golpe de estado de Fulgencio Batista. Proclamouse presidente e suspendeu a Constitución. 1527: Babur obtén unha gran vitoria en Kanwaha, mentres o seu fillo pacifica o val do Ganxes, facéndose o dominador da India do norte. 1972: En ocasión das negociacións do convenio colectivo de Bazán, en Ferrol, os obreiros Daniel Niebla e Amador Rei morren baixo disparos da policía e moitos outros son detidos. 1990: Prosper Avril deixa a presidencia de Haití, que ocupou dende o 18 de setembro de 1988. 1987: Os médicos dos hospitais de Madrid inician unha folga, que dura ata fin de mes, contra a deterioración da asistencia sanitaria. 1988: Presentación pública da Frente Popular Galega.

Nacementos miniatura|100px|Marcello Malpighi. miniatura|100px|Sharon Stone. miniatura|100px|Isabel Blanco. 1628 - Marcello Malpighi, médico italiano. 1749 - Lorenzo da Ponte, poeta e libretista italiano (m. 1838). 1772 - Friedrich von Schlegel, escritor alemán. 1844 - Pablo Sarasate, violinista e compositor español. 1866 - José Casares Gil, farmacéutico galego precursor do desenvolvemento da Química en España (m. 1961). 1887 - José Costa Alonso, sindicalista galego (n. 1960). 1892 - Arthur Honegger, compositor suízo (m. 1955). 1914 - Marcelino Fernández Villanueva, militar republicano e guerrilleiro antifranquista. 1920 - Boris Vian, escritor, enxeñeiro, poeta, cantante, e músico francés (m. 1959). 1929 - Ricardo Pérez Queiruga, mestre e político galego. 1931 - Antonio Eiras Roel, historiador galego. 1935 - José Antonio Labordeta, cantautor e político aragonés (m. 2010). 1939 - Chuck Norris, actor estadounidense. 1957 - Osama bin Laden, xefe fundador da rede terrorista Al-Qaida. 1962 - Isabel Blanco, avogada e escritora galega. 1958 - Sharon Stone, actriz estadounidense. 1963 - Jeff Ament, músico estadounidense. 1963 - Camilo Franco, escritor galego. 1969 - Paget Brewster, actriz e cantante estadounidense. 1973 - Eva Herzigova, modelo checa. 1989 - Alba Cid, poeta galega

Mortes miniatura|100px|Giuseppe Mazzini. miniatura|100px|María Antonia Pereira. 1760 - María Antonia Pereira, relixiosa e escritora galega (n. 1700) 1872 - Giuseppe Mazzini, político e xornalista italiano (n. 1805). 1942 - William Henry Bragg, físico inglés. 1965 - Xosé Castro Veiga, O Piloto, último maquis galego (n. 1915) foi abatido en Belesar (Chantada). 1966 - Frits Zernike, físico neerlandés (n. 1888). 1976 - Daniel Cosío Villegas, economista, historiador e sociólogo mexicano (n. 1898). 1985 - Konstantin Černenko, político soviético (n. 1911). 1988 - Phạm Hùng, Primeiro Ministro de Vietnam (n. 1912). 1995 - Ovidi Montllor, cantautor e actor catalá. 2012 - Moebius (Jean Giraud), historietista francés (n. 1938). 2022 - J. H. Elliot, historiador británico (n. 1930). 2026 - Raúl del Pozo, xornalista e escritor español (n. 1936).

Festas e celebracións Día da Clase Obreira Galega Día Internacional das Xuízas'' Día Internacional da Perruca.

Outros Santoral: Caio, Alexandre de Sebaste, Vítor, Cuadrado, Cándido, Dionisio, Paulo, Cibrán, Crescente, Anecto, Os 40 de Sebaste, mártires; Macario, Silvestre, bispos; Atalo, Emiliano, abades; Droctoveo, confesor; María Uxía Milleret de Brou, fundadora HH. da Asunción.

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Marzo