1973 (MCMLXXIII) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario gregoriano. Foi designado como o Ano do Búfalo, segundo o horóscopo chinés dos anos 1970.

Acontecementos 1 de xaneiro, nace a Europa dos nove ó unirse á CEE o Reino Unido, Irlanda e Dinamarca. 6 de xaneiro, fundación do semanario Expresso en Portugal. 8 de xaneiro, no México, o canal Televisa inaugura o seu sinal. 20 de xaneiro, Richard Nixon toma posesión do seu segundo mandato como presidente dos Estados Unidos. 27 de xaneiro, sinatura do Acordo de París para o fin da guerra e restauración da paz no Vietnam. 26 de febreiro, fin da primeira fase do programa Chespirito e comezo dos seriados El Chavo del Ocho e El Chapulín Colorado. 6 de marzo, lanzamento de Pioneer 11 cara Xúpiter, Saturno e o espazo interestelar. 29 de marzo, Tekin Ariburun tórnase presidente interino da Turquía, en substitución de Cevdet Sunay. 3 de abril, realízase a primeira ligazón do primeiro teléfono móbil, o modelo DynaTAC, polo enxeñeiro da Motorola Martin Cooper, inventor do aparello 4 de abril, inaugúranse as Torres Xemelgas do World Trade Center de Nova York. 6 de abril, Fahri Koruturk substituéTekin Ariburun no cargo de presidente da Turquía. 19 de abril, o Partido Socialista portugués é fundado na cidade alemá de Bad Münstereifel. 20 de maio, a Fronte Polisario efectúa a súa primeira acción armada contra un destacamento militar español de Janguet Quesat. 25 de maio, Héctor José Cámpora substitúe Alejandro A. Lanusse como presidente da Arxentina. 9 de xuño, Luis Carrero Blanco substitúe Francisco Franco como presidente do goberno de España. 10 de xullo, As Bahamas tórnanse independentes. 13 de xullo, Raúl Alberto Lastiri substitúe Héctor José Cámpora como presidente da Arxentina. 17 de xullo, o rei Mohammed Zahir Shah do Afganistán é deposto polo seu primo, Mohammed Daoud Khan. 28 de xullo, lanzamento da Skylab III (segunda misión tripulada do programa Skylab). 10 de agosto, aparece en Vigo o semanario El Pope. 11 de setembro, golpe militar liderado polo xeneral Augusto Pinochet depón o presidente Salvador Allende no Chile. 23 de setembro, Juan Domingo Perón é elixido presidente da Arxentina pola terceira vez con 61% dos votos. 24 de setembro, A Guiné Portuguesa declara a independencia. Portugal non a recoñece. 12 de outubro, Juan Domingo Perón substitúe a Raúl Alberto Lastiri como presidente da Arxentina. 20 de outubro, Inauguración do Palacio da Ópera de Sydney. No mes de outubro comezou a crise do petróleo de 1973.

Nacementos

1 de xaneiro - Stacey McKenzie, modelo e actriz xamaicana nacionalizada canadense. 4 de xaneiro - Zhou Wei Hui, escritora chinesa. 10 de xaneiro - Iker Jiménez, xornalista vasco. 10 de marzo - Eva Herzigova, modelo checa. 9 de xuño - Laura Ponte Martínez, modelo galega. 11 de xuño - Carlos González Sháněl, xornalista chileno. 28 de agosto - J. August Richards, actor estadounidense. 11 de setembro - Nafissatou Dia Diouf, escritora senegalesa. 24 de setembro - Eddie George, xogador de fútbol americano. 31 de outubro - Beverly Lynne, actriz estadounidense. 6 de novembro - Gaelen Foley, escritora estadounidense.

Mortes

22 de xaneiro — Lyndon B. Johnson, presidente dos Estados Unidos de 1963 a 1969 (n. 1908). 22 de febreiro - Edmundo Lorenzo Santiago, político socialista galego (n. 1893). 6 de marzo - Pearl Buck, escritora estadounidense (Premio Nobel de Literatura en 1938). 16 de marzo - Francisco Cabo Pastor, médico e escritor galego (n. 1872). 26 de marzo — Noël Coward, actor, dramaturgo e compositor británico (n. 1899).

8 de abril - Pablo Picasso, pintor español. 11 de xuño - Fermín Bouza-Brey, escritor galego. 10 de xullo - Karl Loewenstein, filósofo alemán. 20 de xullo - Bruce Lee, artista marcial e actor estadounidense. 6 de agosto — Fulgencio Batista, presidente de Cuba de 1940 a 1944 e de 1952 a 1959 (n. 1901). 31 de agosto - John Ford, cineasta estadounidense. 2 de setembro - J. R. R. Tolkien, filólogo e escritor británico. 11 de setembro - Salvador Allende, médico e político chileno (presidente de Chile 1970-1973). 16 de setembro - Víctor Jara, cantautor chileno. 23 de setembro - Pablo Neruda poeta chileno (Premio Nobel de Literatura en 1971). 26 de setembro - Anna Magnani, actriz italiana. 29 de setembro - W. H. Auden, poeta británico. 5 de outubro — Milunka Savić, heroína de guerra da Serbia, a muller máis condecorada da historia militar (n. 1890). 9 de outubro - Indalecio Tizón Reboreda, aparellador e agrarista galego (n. 1893). 10 de outubro - Ludwig von Mises, economista e filósofo austrohúngaro. 17 de outubro - Ingeborg Bachmann, escritora austríaca. 22 de outubro - Pau Casals, violonchelista español. 28 de outubro - Taha Hussein, renovador da literatura árabe (n. 1889). 2 de novembro - Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, arquitecto e compositor musical galego. 10 de novembro - David Akeman, músico estadounidense.

19 de decembro - José Fondevila García, sindicalista e político galego (n. 1884). 20 de decembro - Luis Carrero Blanco, militar e político español (presidente do Consello de Ministros, 1973). 23 de decembro - Urbano Lugrís, pintor (n. 1908). 25 de decembro - İsmet İnönü, presidente de Turquía.

Premios Nobel Física: Leo Esaki, Ivar Giaever e Brian David Josephson Química: Ernst Otto Fischer e Geoffrey Wilkinson Fisioloxía ou Medicina: Karl von Frisch, Konrad Lorenz, Nikolaas Tinbergen Literatura: Patrick White Paz: Henry Kissinger e Le Duc Tho Economía: Wassily Leontief

Día das Letras Galegas dedicado a: Manuel Lago González

Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1973