Coñécese como Lei da pureza da cervexa (Reinheitsgebot en alemán), a un conxunto de regulamentos que limitan os ingredientes da cervexa en Alemaña e nos estados do antigo Sacro Imperio Romano Xermánico. A versión máis coñecida da lei foi decretada o 23 de abril de 1516 polo duque Guillerme IV de Baviera para a elaboración de cervexa, e establece que a cervexa só debe elaborarse con cebada malteada, lúpulo e auga. Crese que é a primeira regulación legal dun alimento.
Aínda que o Reinheitsgebot se menciona en varios textos sobre a historia da cervexa na actualidade, historicamente só se aplicou no Ducado, no Electorado e, posteriormente, Reino de Baviera. A partir de 1906, aplicouse en toda Alemaña en xeral, e tivo pouco ou ningún efecto noutros países ou rexións.
Non obstante, Noruega adoptou unha lei similar en 1891 e, en 1912, o Parlamento noruegués decretou a Lei sobre a Fabricación e Tributación da Cervezxa.
miniatura|Retrato do duque Guillerme IV de Baviera feito por Barthel Beham.|260x260px Historia A lei establecía que a cervexa unicamente debía elaborarse a partir de tres ingredientes: auga, malte de cebada e lúpulo. A principal motivación desta lei atopábase en que Guillerme IV de Baviera tiña o monopolio da cebada; deste xeito, ao non poder comprarlle a ninguén máis un ingrediente básico para a elaboración, non só aumentou as súas vendas senón tamén o prezo, xa que non tiña outros cereais competidores.
A lei non menciona o fermento, que foi descuberto en 1880 por Louis Pasteur como parte do proceso de fermentación da cervexa. Antes de coñecer o mecanismo de fermentación, os cervexeiros habitualmente tomaban o sedimento dunha fermentación previa e agregábano á nova. De non o poderen obter, poñíana nunha serie de bocois e no proceso aparecía "por si mesmo" o fermento.miniatura|Chapa dunha cerveza que segue a lei de pureza|200x200px Emprego actual Afírmase que se trata da regulamentación alimentaria máis antiga de Europa aínda vixente. Hoxe en día, así e todo, séguense a elaborar cervexas conforme a esta lei, aínda que a motivación é diferente. A Lei da pureza de 1516 é utilizada como ferramenta publicitaria polos grandes grupos empresariais xa que a maior parte das cervexas artesáns non cumpren esta lei e albergan os produtos de máis calidade.
Foi proposta que fose recoñecida como Patrimonio Inmaterial da Humanidade, mais foi rexeitado pola UNESCO por considerar que a produción cervexeira alemá é moi industrial.
A lei estivo vixente até 1989, cando o Tribunal de Xustiza da Unión Europea a considerou unha barreira comercial.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cervexa.
Categoría:Cervexa Categoría:Dereito alimentario