miniatura Efrén o Sirio nado no 306 en Nisibis (actual Turquía) e finado o 9 de xuño do 373 en Edesa, foi un poeta relixioso en idioma siríaco. É venerado polas diferentes Igrexas cristiáns de tradición apostólica.
Traxectoria Bautizado aos dezaoito anos, comezou sendo o xefe dunha comunidade cristiá na súa cidade natal, onde foi un conselleiro espiritual moi solicitado. Tras a invasión de Nisibis polos persas, instalouse en Edesa onde tamén foi considerado un mestre. Emprendeu unha viaxe para coñecer a Basilio o Grande.
Realizou moitos comentarios á Biblia e compuxo gran cantidade de himnos aínda vivos na liturxia da Igrexa Siríaca.
Durante a fame do ano 370, Efrén emprendeu accións de axuda aos esfameados e de atención aos doentes. Exhortou aos patricios a seren solidarios cos plebeos. Viviu coma un asceta nunha cova con dieta vexetariana e esfarrapado.
Significación É unha das referencias doutrinais e místicas das Igrexas cristiáns orientais, especialmente as que conservan a liturxia en arameo ou siríaco. Foi coñecido como Arpa do Espírito Santo. En Occidente, a Igrexa Católica tamén o venera como santo. En 1920, Bieito XV proclamouno doutor da Igrexa.
Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Doutores da Igrexa Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Venerados pola ortodoxia oriental Categoría:Escritores en lingua siríaca