Dolors Monserdà i Vidal, nada en Barcelona o 10 de xuño de 1845 e finada na mesma cidade o 1 de abril de 1919, foi unha escritora catalá, que adoitaba asinar a súa obra como Dolors Monserdà de Macià.
Traxectoria
Escribiu en castelán até 1875, e a partir de entón en catalá. Participou asiduamente nos Jocs Florals, sendo premiada nos de 1878, 1882 e 1891. Foi a primeira muller en presidir uns Jocs Florals, en 1909. Colaborou na prensa, especialmente en La Renaixença e na revista Feminal.
Unha das súas amizades máis influentes foi a da tamén escritora Maria Josepa Massanés, chegando a publicar unha biografía dela. Foi impulsora de obras de carácter social e feminista, canda a Carme Karr i Alfonsetti. Consideraba que o papel da muller burguesa era protexer, mediante a actuación persoal e a de centros adecuados, a muller traballadora, tanto por motivos humanitarios e morais, como especialmente para evitar a radicalización das súas posturas. Destacan desa época os artigos sobre a participación feminina na Semana Tráxica. Creou o Patronat d'Obreres de l'Agulla, e escribiu entre outros os libros Estudi feminista (1909) e Tasques socials (1916).
Era irmá do pintor Enric Monserdà i Vidal (1850 – 1926), e a súa filla casou co arquitecto modernista Josep Puig i Cadafalch.
Obra Poesía Jocs Florals de Barcelona "Qui ets?" (1916 e 1917). "He fet bé! (Propòsits d'enamorats)" (1916 e 1917). "Adéu a la poesia" (1916 e 1919). "Flors de Natzareth" (1916, 1917 e 1919). "Rondalles i Cançons" (1916, 1919 e 1920). "El verb de la Patria" (1917). "La nostra Universitat" (1917 e 1919). "A la poesia" (1917 e 1920). "Del meu dietari d'Anyorançes" (1919).
Escolmas Poesies Catalanes ,(1888 ). Poesies (1911).
Novela La Montserrat (1893). La família Asparó (1900). La fabricanta (1904). La Quitèria (1906). Del món (1908). Maria-Glòria (1917). Buscant una ànima (1919).
Teatro Sembrad y cogeréis (1874). Teresa o un jorn de prova (1876). Amor mana (1913).
Crítica literaria e ensaio Estudi feminista (Orientacions per a la dona catalana). Barcelona, Miquel d'Esplugues, 1909. Biografia de Na Josepa Massanés i Dalmau. Ajuntament Constitucional de Barcelona, 1915. Tasques socials. Barcelona, 1916.
Véxase tamén Outros artigos Roser Matheu i Sadó.
Ligazóns externas Dolors Monserdà i Vidal , artigo en l'Enciclopèdia .
Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Poetas en lingua catalá Categoría:Novelistas de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Feministas de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1845 Categoría:Finados en 1919 Categoría:Poetas de Cataluña