Pedro-Milhám Casteleiro Lopes, nado en Ferrol o 5 de marzo de 1968, é un poeta galego.
Traxectoria En Compostela publica os seus primeiros textos poéticos, polo final dos anos 80. Gaña por dúas veces o premio nacional de poesía O Facho e recibe o accésit no certame Bouza-Brei. Durante os anos 90, xa residindo na Coruña, forma parte do grupo poético Hedral, lanzando, con este colectivo, a antoloxía 7 Poetas/Corunha 1995. Na actualidade é colaborador do blog literario “O Levantador de Minas” e do Observatorio Galego da Lusofonía, vinculado ao Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional.
Obra Poesía O círculo escarlate, 1995, Os Cadernos de Azertyuiop. Sefer Sefarad, 2015, Azeta Edicións. O teu corpo a oriente e ocidente, 2017, Através Editora.
Obras colectivas O mar de adentro, 1990, Edicións do Dragón. 7 poetas, 1995, Grupo Hedral. Bestiario, 1998, Edicións do Dragón. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en As escollas electivas O levantador de minas (blog do autor), arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. Web persoal do autor.
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes