Disney Channel foi unha canle de televisión privada en aberto, que emite en España. É propiedade de The Walt Disney Company Iberia, filial da internacional The Walt Disney Company. Comezou a emitir en 1998 e basea a súa programación en contidos dirixidos ao público infantil e xuvenil, da factoría Disney.
O 1 de xullo de 2008 substituíu a Fly Music na televisión dixital terrestre española, converténdose así na primeira canle de Disney Channel en aberto no mundo.
Ademais do sinal principal, Disney Channel distribúe un sinal extra para televisión de pago, chamada Disney Channel +1, con exactamente a mesma programación, pero unha hora despois.
O 7 de xaneiro de 2025, Disney Channel pechou as súas emisións á medianoite, substituíndoa por unha canle de películas chamada Squirrel na TDT.
Producións orixinais Club Disney/Zon@Disney (2002) Art Attack (2003) Cambio de clase (2006) High School Musical: Un nuevo musical (2007) Cosas de la vida (2008) Disney Channel Live: El concierto (2007) Vive una Experiencia Real (2009) My Camp Rock (2009) 3Generaciones (2009) Hannah Montana: ¡Luces, cámara, acción! (2009) Hannah Montana My Camp Rock 2 (2010) Esperando a Patito (2010) La gira (2010) High School Musical: El Desafío (2011) Mermaid Melody Pichi Pichi Pitch Ninja Hattori Operación Triunfo (España) Soy Luna Prudence Petitpas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Disney Channel
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Cadeas de televisión de España Categoría:Disney