Gloria Moure Cao, nada en Barcelona en 1946, é unha crítica de arte galega.
Traxectoria Licenciada en Historia da Arte pola Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Barcelona (1973). Dende 1977 foi comisaria de exposicións de arte contemporánea en diversos museos españois, ata vincularse ao Centro de Arte Raíña Sofía en 1994, no que foi responsábel da retrospectiva de Jannis Kounellis e da mostra de Dan Graham e do que é membro do Consello Asesor. Foi directora do Centro Galego de Arte Contemporánea entre 1994 e 1998. Traballou na Fundación Miró, o Museo Raíña Sofía e a Fundación Tàpies. Dende 2006 dirixe os talleres de artistas programados para o Instituto Valenciano de Arte Moderna e a Universidade Politécnica de Valencia.
Obras Tàpies, objetos del tiempo, 1994.
Categoría:Críticos da arte Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1946 Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Presidentes do Centro Galego de Arte Contemporánea